Revista CERNA

Artigos de Ecoloxismo. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

As Encrobas, Xove, Baldaio escenario de mobilizacións

Ramón Muñiz

CERNA Nº 36 - -

Páx. 9-10

Hai 25 anos a oposición política en Galiza tiña a cor verde, nas Encrobas, en Baldaio, en Xove, en Fruime, en Portodemouros,... Con este recordo queremos homenaxear aquelas colectividades que defenderon os seus dereitos a través dunhas loitas que foron realmente ecolóxicas, porque fixéronse contra a ruptura do equilibrio entre o home e a terra.

Ecoloxía no cotián: a auga no fogar

Ramsés Pérez

CERNA Nº 39 - -

Páx. 42-43

Analizamos como ten lugar o consumo de auga nos nosos fogares, coñecendo os erros para camiñar cara o cambio en base á propia experimentación e o "aprender facendo". Mudando hábitos, mellorando a vida. Posto que podemos afirmar que o consumo está moito por riba do que se precisa para unha vida confortábel, pero non o percibimos coma un problema ambiental. Nin sequera coñecemos cales son as actividades cotiás que provocan maior gasto. Abordamos estas cuestións.

Asemblea Xeral de ADEGA

Xosé Veiras

CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo

Páx. 14

Lugo foi este ano o escenario elixido por ADEGA para celebrar durante os días 27 e 28 de Marzo a súa asemblea xeral anual. Na cidade das murallas aprobamos o novo programa de traballo e fixemos un balanzo do labor desenvolvido ao longo do último ano, no que se traballou arreo en relación coa catástrofe do Prestige, sen por iso descoidar outras áreas. Os asistentes á Asemblea puideron constatar importantes avanzos no fortalecemento organizativo da asociación, froito do compromiso de todos os activistas e socios e socias de ADEGA, que fan posíbel que a asociación sexa un instrumento cada vez máis forte e útil en defensa do ambiente e á favor da sustentabilidade.

Daniel López Vispo

CERNA

CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo

Páx. 17

Daniel leva máis dunha década traballando sen descanso no ecoloxismo galego. O seu contacto con ADEGA ven de comezos dos pasados anos 90, ao implicarse na resposta veciñal e ecoloxista a diversas agresións ambientais, salientando as loitas contra o encoro de Navia, polo saneamento no Miño e a calidade da auga potábel en Lugo, ou contra o paso da Autovía do Noroeste polo Val do Neira. Xunto con outras persoas, impulsou á organización e o medre de ADEGA en Lugo, foi secretario xeral de ADEGA (1999 -2002) e actualmente é Vicepresidente.

Tóxicos no fogar

Virginia Rodríguez, Ramsés Pérez

CERNA Nº 42 - -

Páx. 43-44

Os produtos tóxicos e perigosos están cada vez máis presentes nas nosas vidas. O seu uso pode ter consecuencias graves para a nosa saúde e a contaminación do medio ambiente. É urxente saber recoñecelos, e reducir o seu uso ou como substituílos por produtos de gama ecolóxica ou de fabricación caseira. Ou autores danche aquí algunhas pistas.

Constitución europea? Así non!

ADEGA

CERNA Nº 43 - -

Páx. 11

A cidadanía do Estado Español está convocada a participar nun referéndum sobre a proposta de Constitución europea. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), aínda achando necesaria unha Constitución para a UE, non comparte nen o método de elaboración nen o contido final da proposta redactada pola Convención. A continuación recollemos o posicionamento de ADEGA ao respecto.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal