Páx. 31-32
Coñecido co nome común de piñeiro bravo ou piñeiro do país, tamén recebe os nomes comerciais de piñeiro galego, piñeiro negral e piñeiro das Landas. O piñeiro bravo é unha árbore de gran importancia ecolóxica e económica no noso país. Ten importancia o seu papel reconstructor e protector de ecosistemas, a súa madeira como materia prima e tamén o papel de elemento xerador de rendas complementarias ás da agricultura e gandeiría para ós propietarios do medio rural galego.
Páx. 28
Nunha serie de artigos publicados en "La Voz de Galicia", Romay Beccaría, ex-conselleiro de agricultura, gandería e montes, expuxo a súa visión do fenómeno incendiario na Galiza. No artigo publicado o 26 de Maio fixo unhas graves acusacións, cunha feble argumentación, inculpando como causantes da maioría dos incendios do país a organizacións incendiarias que pretenden o cambio da política forestal. Aínda que, curándose en saúde, o autor expón " Yo no digo, ni mucho menos que los grupos que reclaman cambios en la política forestal tengan que ver con las organizaciones incendiarias", todo o razonamento posterior parece indicar o contrario. Este artigo foi enviado por ADEGA a "La Voz", como contestación ao artigo de Romay, os responsábeis do xornal non estimaron oportuna a súa publicación.
Páx. 27-30
O fenómeno dos incendios forestais converteuse en Galiza, debido á súa elevada frecuencia, intensidade e superficie afectada, nun dos maiores problemas ecolóxicos que sofren os nosos bosques, plantacións forestais e montes. Sen ningunha dúbida, trátase do maior factor de destrución da cobertura vexetal na nosa terra. Un dos retos medioambientais de Galiza para o século XXI é eliminar o problema dos incendios forestais, tanto pola súa incidencia medioambiental como pola destrución dun sector estratéxico para o conxunto do país.
Páx. 40-41
Un ano máis, Galiza volveu arder. Segundo a Consellería de Medio Ambiente, ate mediados de Agosto xa tiña habido 8.500 lumes forestais, cando a media anual está a ser duns 11.000. Os datos oficiais indicaban que a superficie queimada era de 29.000 hectáreas, mais a superficie real semella aínda maior, segundo denuncian axentes forestais. A visibilidade mediática dalgúns incendios fixo que un problema que segue a ser grave volvese ao centro da actualidade, polo menos durante algún tempo.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 26-27
A certificación forestal é unha ferramenta de mercado, non gobernamental, para o fomento do uso sostíbel dos montes e dos bosques. Un dos sistemas de certificación existentes é o FSC. Non todos os sistemas de certificación forestal son iguais e só o FSC ten o apoio das principais organizacións ecoloxistas. O FSC promove en todo o mundo unha xestión forestal ambientalmente responsable, socialmente beneficiosa e economicamente viable. Optando preferentemente por produtos e empresas que acrediten ter o selo FSC axudamos á conservación e á explotación racional dos bosques.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 23
O balanzo de destrución deixado polos incendios durante este ano é un episodio máis dun desastre anunciado e repetido. ADEGA demanda unha reacción política e social enérxicas para que Galiza deixe de ser o páis dos 10.000 incendios enuais e o país da UE, xunto co norte de Portugal, con maior densidade de lumes forestais. Para poñer fin a este drama, a prevención dos lumes e o desenvolvemento rural sustentábel deben pasar a ser obxecto da máxima prioridade política e dunha permanente preocupación social.