Páx. 20-22
Basta considerar a distribución das inversións previstas no Plano de SOGAMA para poder afirmar que dito plano non ten nada de plano de reciclaxe, e que mesmo terá que ser modificado para atinxir os obxectivos da recente Lei de Envases. Máis do 90% do investimento adícase á recollida, transporte e tratamento do lixo por incineración, discriminando as opcións de prevención e reciclaxe. Inclúese ademáis a alternativa de ADEGA a dito plano, cunha distribución das porcentaxes do investimento moito máis sustentable para o medio ambiente.
Páx. 28
Os landers ou federacións veciñais alemanas sospeitan que a industria privada só se fará cargo daqueles aspectos do tratamento dos residuos cós que se obteñen beneficios. Por elo, cumpre reflexionar sobre o papel de Unión Fenosa no Plano de Sogama.
Páx. 19-26
Caderno de actividades didácticas contra a incineración.Inclúe os seguintes apartados:- Definición de incineración e as partes implicadas no modelo- Análise do proceso do lixo unha vez que sae das casas- Listado de substancias que saen das incineradoras- Actividades didácticas: con gases, cinzas, con líquidos. E un xogo de roles.
Páx. 3
A maioría dos galegos maiores de idade é partidaria de clasificar os residuos no seu domicilio, actitude que contrasta coas iniciativas levadas a cabo pola Administración. Inclúese ademáis un pequeno artigo en referencia á actuación do fiscal-xefe de Pontevedra contra Ence-Elnosa por delito ecolóxico.
Páx. 7-9
Recentemente foi presentada públicamente unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que ten como obxetivos establecer unhas bases legais mínimas para o tratamento racional dos residuos, prohibindo ademáis a incineración polas consecuencias ecolóxicas que supón.
Páx. 11-14
Tendencias da reciclaxe en Estados Unidos (2ª Parte). Unha parte moi importante de calquera estratexia de reciclado é a identificación dos mercados para os materiais reciclados que se obteñen nunha MRF ou estación de transferencia.