CERNA Nº 91 - Transición ecosocial xusta
Páx. 37-40
Mar de Antela é un traballo de Aprendizaxe Baseada en Proxectos feito no IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia)durante o curso 2022-2023. O seu obxectivo foi achegar a importancia da fauna mariña ao alumnado de 1º da ESO,dun xeito significativo e participativo. Durante un curso, as materias de Plástica, Tecnoloxía e Bioloxía colaboraronpara que a rapazada coñecera a fauna mariña galega, descubrise diferentes técnicas de fabricación, fora quen decrear modelos da fauna galega en 3D e construíse esculturas a escala real que hoxe recrean un museo de historianatural no corredor do centro.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 38-39
Por segundo ano consecutivo, a cidade da Coruña aposta polas limpezas ecolóxicas e pola ciencia cidadá a través de limpezas de praias e de ríos para dar un toque de atención sobre a problemática do lixo nos espazos naturais.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 41
O Proxecto Fluviatilis, no que participa ADEGA canda a outras catro entidades conservacionistas do Estado, busca protexer os ríos fronte ao cambio climático mediante solucións baseadas na natureza, así como fomentar actitudes que redunden nunha mellora dos ecosistemas fluviais.
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 31-33
A educação ambiental (EA) no Brasil é pautada por um movimento que evoluiu rapidamente nos últimos 50 anos. Em um passado não tão distante, o Brasil figurava como um dos protagonistas em relação a políticas e documentos em uma vertente de EA crítica. Nos últimos 4 anos houve um retrocesso devido a interferências de correntes político-ideológicas pautadas pelo negacionismo. Com a esperança renovada de que a partir de 2023 o Brasil volte a colocar a EA como um tema de protagonismo a ser discutido por toda a sociedade, proponho escrever esse texto trazendo um resgate histórico de seu desenvolvimento em meu país.
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 56-57
Coñece como funciona a plataforma Natusfera.
CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 41-42
A cidade da Coruña ten unha clara relación co mar pero, tamén cos ríos. Malia non contar cun curso fluvial destacado inserido na estrutura urbana, o Monelos e algúns regatos menores discorren polo termo municipal, flanqueados por bosque de ribeira. Visibilizar os servizos ecosistémicos que ofrecen os ríos, amosar a súa importancia para a cidadanía da Coruña e sentar as bases para restablecer a relación que perdeu cos espazos fluviais, foron algúns dos obxectivos do programa “A Coruña, Por uns Ríos Limpos!”, desenvolvido por ADEGA coa colaboración e financiamento da área metropolitana do Concello da Coruña.