CERNA Nº 93 - Xustiza para o Ulla e a ría de Arousa
Páx. 43-45
Desde o curso 2017/18, o IES de Ponte Caldelas participa no "Monte Vivo", un gran proxecto educativo interdisciplinar que xorde a raíz dos incendios de outubro de 2017, que motivaron en nós un interese por concienciar sobre os coidados do monte e a prevención de futuros lumes. Este traballo integra diversas liñas mestras de actuación pedagóxica do noso centro educativo, en base á educación implicada na contorna, tanto no patrimonio natural como no etnográfico, a través de traballos de investigación. A principal finalidade do proxecto é a concienciación sobre a importancia da conservación dos ecosistemas forestais autóctonos, ante a situación de falta de xestión do monte que estamos a vivir.
CERNA Nº 93 - Xustiza para o Ulla e a ría de Arousa
Páx. 46-48
Longarela é o proxecto presentado polo CEIP Plurilingüe de Louro (Muros) no marco do programa Proxecto Ríos, unha iniciativa de educación e voluntariado ambiental do Plan Proxecta que busca sensibilizar a comunidade sobre a importancia dos ecosistemas fluviais. Neste ano quixemos poñer unha mirada especial nas Letras Galegas e o seu tributo ás cantareiras e á música tradicional, o que nos deu a oportunidade de destacar a relación entre os ríos galegos e o legado musical do noso pobo.
CERNA Nº 93 - Xustiza para o Ulla e a ría de Arousa
Páx. 55
Sabemos de aves máis do que pensamos. Cando alguén me comenta que lle gustaría coñecer máis sobre aves pero que apenas identifica unhas poucas especies, sempre lle contesto que poñerlle nome a un paxaro é o de menos, o primeiro é gozar da súa compaña. Velaquí unha pequena guía para recoñecelos pola súa silueta.
CERNA Nº 92 - O Ulla, ameazado
Este texto percorre o mundo enteiro das formigas. Gran parte dos fitos humanos que che poden vir á cabeza foron acadados milleiros de anos antes por parte destes pequenos bechos que non tes xeito de eliminar da casa.
CERNA Nº 91 - Transición ecosocial xusta
Páx. 27
A sección A-prender! explica o que son os bugallos das árbores.
CERNA Nº 91 - Transición ecosocial xusta
Páx. 48-50
GBIF.ORG: o nodo global de dados de biodiversidade