Revista CERNA

Artigos de Forestal e montes. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

O monte como oportunidade sustentábel fronte a crise

Cerna/ Redacción

CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar

Páx. 28-29

O pasado 4 de xuño desenvolveuse en Melide unha xornada dedicada a analizar o papel do monte galego como oportunidade sostíbel frente a crise. A actividade estivo programada conxuntamente entre ADEGA e a ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñaís en Man Común). O monte é algo máis que un conxunto de árbores e polo tanto temos que descubrilo, nestes momentos de crise, desde outras olladas. Con esta premisa desenvolveuse unha intensa reflexión que contou coa participación dun total de 17 relatores distribuídos en catro palestras e cun nutrido auditorio que confirmou a interese da sociedad polo noso monte.

O monte veciñal e a defensa do territorio: as alianzas necesarias

Xosé Alfredo Pereira

CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar

Páx. 31

O monte veciñal en man común (MVMC) ocupa 1/4 do territorio do país. Polo tanto, conseguir un monte veciñal multifuncional e sustentábel é defender o territorio. Pero non é posíbel un monte veciñal en man común vivo, multifuncional, equilibrado e sustentábel sen veciñanza comuneira ao seu carón e sen un medio rural vivo. As políticas europeas do medio rural non defenden o territorio porque até o de agora esixiron para a súa execución, única e exclusivamente, a rendibilidade económica, sen ter en conta a función social do monte.

Monte Cabalar: A xestión da biomasa con gando caprino e equino

Fuco Xavier Barreiro

CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar

Páx. 40-41

O abandono contemporáneo do rural, como consecuencia do modelo de crecemento adoptado, retirou do medio o xestor fundamental -a poboación- provocando o colapso e a aparición de novos xestores, como o lume, ben como doutros desequilibrios igualmente graves (comercio mundial de alimentos, sobreexplotación, desertización, cambio climático, crise, etc.) que cuestionan o modelo actual de crecemento por asimétrica e insostíbel. O progreso e evolución futura dependerá da capacidad de recuperar o equilibrio entre xeración de recursos, aproveitamento e poboación.

A nova lei de Montes de Galiza

Xabier Bruña

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 40-41

Coa nova lei de montes do PP, o futuro pasa por: máis terra para a especulación, máis monocultivo, menos terreo agrícola e menos protección contra o lume. No seu traballo a prol do territorio e na defensa da terra, ADEGA presentou, conxuntamente coa Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), 105 achegas ao borrador da lei de montes de Galiza (entre modificacións, eliminacións e novos artigos), no ánimo de mellorar o documento final e que a perspectiva ambiental se tivese en conta nunha norma de vital importancia para o noso rural e en definitiva para a nosa sociedade.

O medio rural e o monte veciñal sen futuro

Xosé Alfredo Pereira

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 42

Co actual borrador da Lei de Montes de Galiza, un monte veciñal, multifuncional e sustentábel non é posíbel, porque aposta so por un monte forestalista case en réxime de monocultivo (especies de crecemento rápido e cultivos enerxéticos). O contido do borrador aprobado, aínda que sen votación, no Consello Forestal do pasado mes de novembro, e que contou co posicionamento en contra do SLG, Amigos da Terra e da ORGACCMM, vai significar co medio rural no terá futuro, se non se modifica substancialmente.

A lei que debemos cambiar

Anxo Pérez Carballo

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 43

Poderíanse encher moreas de páxinas analizando o borrador da lei de Montes de Galiza, desde a falla de complicidade e de amplo consenso social ao afastado que está da realizadade galega, pasando polo esvaecemento e deterioro que a configuración paisaxística do noso país vai sufrir, se non o evitamos, nas próximas décadas. Este artículo centrarase nos puntos que desde a CIG (Confederación Intersindical Galega) consideramos mais prexudiciais para o presente e futuro do patrimonio natural e forestal.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal