CERNA Nº 67 - O lume: dono dun monte desleixado
Páx. 46-47
A Casa das Insuas é un edificio histórico, de grande tamaño e cun elevado potencial para a realización de actividades de educación ambiental. A Casa das Insuas nace coa vocación de crear un t ecido asociativo e acadar a colaboración estreita entre un grupo de entidades naturalistas galegas. Deste modo, aínda que a xestión é levada a cabo pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, outras asociacións tamén colaboran nesta tarefa mediante a organización dun elevado número de eventos. Á marxe da asociación, a Casa das Insuas ten unha ampla presenza na rede. Conta cun blog propio (www.casadasinsuas.org) onde se informa do seu programa de actividades e as novidades relacionadas con este Centro de Estudo e Conservación da Natureza, e, máis recentemente, tamén se habilitou un espazo en Facebook con información puntual das súas actividades.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 37-38
Garabullos é un espazo libre inmerso na natureza da Terra Chá para aprender coas emocións; un tempo pausado para desenvolver os nosos talentos; unha vida equilibrada; unha experiencia para compartir os nosos coñecementos e traballar coas nosas capacidades; unha aposta por ser felices... Baixo esta premisa, esta instalación, localizada na parroquia de Sistallo, en Cospeito (Lugo) acolle as actividades dinamizadas pola Asociación Revolta Natural, integrada por xentes que nalgún momento tiveron contacto co proxecto inicial de Garabullos, que abriu as súas portas como granxa-escola no ano 2008.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 39-40
O 8 de xuño conmemórase o Día dos Océanos. Por este motivo e co obxectivo de concienciar á cidadanía galega ante a problemática dos residuos no medio mariño e litoral, ADEGA organizou unha limpeza simultánea de praias en todo o país. Foi unha actividade que contou coa colaboración económica da Fundación Biodiversidad, enmarcada no proxecto “Praias, voluntariado e custodia do territorio”. Alén da limpeza de praias, ADEGA promoveu outra iniciativa dentro desta campaña chamada Conservando as nosas dunas” poñendo en valor os ecosistemas dunares e eliminando flora exótica invasora. Neste artigo abordamos os resultados.