CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 12-13
Tras 884 días que o petrolero Prestige, informaba da súa situación de emerxencia. Lamentablemente, comprobamos nesta situación a carencia dun plan de continxencia ante as costas galegas. Deste xeito, un buque nunha situación de complicacións rematou sendo unha das maiores catástrofes ecolóxicas. No tanto de reparar os erros e executar un plan de emerxencia eficaz, as autoridades intentaron ocultar estes trasmitindo información pouco veraz e contraditoria. Aumentando os riscos para a biodiversidade e para o pobo galego que segue a enfrontarse á falla dunha inforamción transparente.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 14-15
ADEGA sumouse á convocatoria da manifestación do pasado 4 de Xuño en Pontevedra, para esixir o traslado da fábriac de celulosa fóra da ría e o cumprimento da lexislación vixente, que pon data de caducidade a este emprazamento no ano 2018. A contaminación e outros impactos ambientais de ENCE teñen sido amplamente divulgados nas páxinas desta revista. Nesta ocasión recollemos senllos manifestos con posicionamentos desde o ámbito da cultura, a cidadanía, e o mundo científico. Polo demais, remitimos ao especial web de ADEGA sobre ENCE en www.adegagaliza.org.
Páx. 9
"Dous anos de Prestige, dous anos de Nunca Máis" foi o lema que enmarcou a nova mobilización en Compostela tras o que se seguen a esixir solucións e xustiza para Galiza. Con este chamamento pretendíase poñer de relevo a imposibilidade de pasar páxina ante esta catástrofe ambiental ao tempo que se chamaba a atención sobre as consecuencias - e as necesarias actuacións sobre as mesmas- tras esta catástrofe. Coma plataforma "Nunca Máis", continuará coa súa presión sobre os poderes públicos tal e como concluíu na súa Asemblea do 17 de Decembro.
Páx. 10
ENCE a través do seu principal socio, Caixa Galicia, eran plenamente conscientes de que o BNG non ía renunciar á recuperación da ría. Esta consciencia levounos, en primeiro lugar, a realizar unha multimillonaria e agresiva campaña para tentar que o BNG non renovase a alcaldía nas eleccións do 2003. Non o conseguiron. Deste xeito cada vez se atopaba máis lonxe a consolidaciónde ENCE - ELNOSA en Lourizán, con todas as forzas do goberno local en contra. Nace así por parte da Xunta, a Declaración da Incidencia Supramunicipal do complexo pasteiro e a solicitude de desafectación dos terreos que ocupan na actualidade. A primeira foi recurrida polo Concello e a segunda non foi aceptada polo Ministerio de Medio Ambiente. Analizamos o caso.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 32-33
Agricultores e acuicultores en concorréncia. Estamos asistindo á aparición dun grave problema de contaminación xeral das augas. Chámanlle "marea verde", e refírese á excesiva proliferación de algas nas zonas costeiras, que afogan o crecemento e normal desenvolvemento dos seres vivos costeiros. Esta proliferación dase en certas rexións planetarias coma poden ser os fondos interiores das rías en xeral, mais na costa de Francia constitúe un grave problema porque provoca perdas na biocenose dos ecosistemas costeiros e grandes custos económicos.
Páx. 30-32
Antón Masa, presidente da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) interviu na lección inaugural da Asemblea Xeral de ADEGA para facer unha revisión histórica deste movemento ecoloxista desde a súa aparición tras o levantamento do complexo ENCE na cidade do Lérez ata a actualidade. Definiu o nacamento de APDR, coma a resposta ao fin dos prexuízos ambientais que se derivaron desde a instalación do complexo.