CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego
Páx. 26-29
A xestión adecuada dos residuos é esencial para evitar os seus impactos negativos sobre o medio e a saúde das persoas. Empezar a considerar os residuos como un recurso que retorne ao sistema produtivo resulta fundamental, ademais dunha obriga normativa para os vindeiros anos. O proxecto REVITALIZA da Deputación de Pontevedra contempla tres eixes de tratamento en función das posibilidades da cidadanía e da distribución poboacional existente na provincia, como son a compostaxe individual ou doméstica, a compostaxe comu¬nitaria, e as plantas comarcais de compostaxe. Neste artigo descríbese a concepción e implantación inicial dos tres primeiros eixes, que conforman o que denominamos “compostaxe local”.
CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal
Páx. 17-19
O Concello de San Sadurniño implantou, a finais de 2014, un proxecto piloto de recollida Porta a Porta (PaP) na parroquia de Ferreira, que é unha das que ten a poboación máis dispersa. O obxectivo era mellorar a xestión, achegala á cidadanía, e reducir a cantidade de lixo que se estaba enviando a SOGAMA. Os resultados acadados foron positivos, e ampliouse o sistema a outras dúas parroquias. En xeral, o sistema PaP está cumprindo os seus obxectivos, pero existen limitacións que dificultan a súa extensión ao resto do termo municipal.
CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal
Páx. 20-22
O proxecto europeo EPHEMARE sobre os efectos toxicolóxicos dos microplásticos nos ecosistemas mariños, coordinado pola Universidade de Vigo, pretende arroxar luz sobre o descoñecemento científico da problemática que estes materiais plásticos de pequeno tamaño poden causar nos nosos mares e océanos.
CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!
Páx. 27-29
A xestión pública dos residuos debe considerarse unha responsabilidade para acadar bos resultados ambientais e económicos, obxectivoao que o Concello de Allariz ven prestando atención nos últimos dous anos. Trátase de acadar resultados económicos e tamén de evitaro malgasto de recursos por depositarmos a maior parte do lixo no colector verde para o seu tratamento en SOGAMA. “RE” trata deREcuperar vellos usos, RExenerar o noso entorno e REiniciar novos procesos. Para o asesoramento neste proxecto establecéronse sendosconvenios de colaboración coas Universidades de Vigo e A Coruña, e coa implicación directa da Asociación ecoloxista ADEGA.
CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!
Páx. 30
Cerdedo é un concello da provincia de Pontevedra de aproximadamente 80 km 2 e 1.780 habitantes. Conta cun ámbito maioritariamenterural cun pequeno núcleo urbano. Nestas condicións iniciouse en marzo de 2016 a primeira fase do proxecto de reciclaxe e compostaxe.En setembro dese ano, Cerdedo fusionouse con Cotobade, estendéndose tamén o proxecto a este concello, e ampliándose nunha segundafase que comezou en marzo de 2017. Os datos achegados neste artigo son os resultados da primeira fase.
Páx. 12-14
O problema do lixo rebasa o ámbito familiar e local, por este motivo, os gobernos comezan a tomar medidas, en Alemaña non foron menos e o longo deste artigo veremos qué fan neste país co lixo.