CERNA Nº 94 - Voluntariado en defensa do monte
Páx. 5
ADEGA organizou en outubro de 2025 unha primeira acción simultánea de restauración ambiental en varias zonas arrasadas polos incendios forestais do verán na comarca de Valdeorras. Previamente, e da man de persoas expertas na materia, impartiu unha serie de charlas formativas co obxectivo de traballar sobre o terreo coas maiores garantías técnicas e de seguridade. Neste artigo recóllense os resultados.
Páx. 40-43
O historial e o padrón de frecuencia, severidade, extensión e estacionalidade dos incendios forestais cambiou drasticamente nos últimos anos. Estamos na era dos grandes incendios forestais que se atribúen, principalmente, ao cambio climático e á maior acumulación de ‘combustible’ (vexetación) máis inflamable que favorecen a existencia de lumes máis violentos e non controlados. Ante esta situación urxe a concienciación e implicación de todos os sectores da sociedade para implantar medidas preventivas de xestión dos bosques e así poder dispor de paisaxes vivas, diversas, resistentes e resilientes aos grandes incendios forestais.
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 13-14
“É o Prestige do interior: tras a catástrofe, queren tapar bocas con catro duros”. Sentenzas coma estas poñen de manifesto o malestar da veciñanza afectada polos incendios acontecidos neste verán. Os do Courel e Valdeorras son os que máis hectáreas queimaron en Galiza desde que existen rexistros: máis de 22.000. Meses despois, a poboación non esquece aqueles intensos días nos que a vaga de lumes asolou o país, erguido logo nun novo ‘Nunca Máis’ contra o “desleixo” das administracións.
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 16-18
Malia que os pisamos sempre que saímos das zonas urbanizadas ou pavimentadas, os solos son uns perfectos descoñecidos para a maioría da xente. Cómpre salientar que os solos son a base de todos os ecosistemas terrestres e xogan un papel insubstituíble no subministro de auga, alimentos, fibra e madeira. Os incendios forestais poden danar moitas das propiedades dos solos ata o punto de hipotecar os seus servizos ecosistémicos. Xa que logo, cómpre non só deseñar e poñer en práctica estratexias para reducir a superficie queimada, senón tamén aplicar tratamentos post-incendio que mitiguen os danos do lume e eviten o seu agravamento pola escorredura e a erosión.
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 15
José Antonio Rodríguez é bombeiro forestal do Servizo de Prevención de Incendios da Xunta de Galiza no distrito XIII de Valdeorras-Trives. Describe os incendios do verán do 2022 como un “duro baño de realidade” e alerta de que en Valdeorras “queda todo por facer” para que o monte non volva ser arrasado.