Páx. 3
A maioría dos galegos maiores de idade é partidaria de clasificar os residuos no seu domicilio, actitude que contrasta coas iniciativas levadas a cabo pola Administración. Inclúese ademáis un pequeno artigo en referencia á actuación do fiscal-xefe de Pontevedra contra Ence-Elnosa por delito ecolóxico.
Páx. 7-9
Recentemente foi presentada públicamente unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que ten como obxetivos establecer unhas bases legais mínimas para o tratamento racional dos residuos, prohibindo ademáis a incineración polas consecuencias ecolóxicas que supón.
Páx. 11-14
Tendencias da reciclaxe en Estados Unidos (2ª Parte). Unha parte moi importante de calquera estratexia de reciclado é a identificación dos mercados para os materiais reciclados que se obteñen nunha MRF ou estación de transferencia.
Páx. 2
Análise da marcha en contra da incineración que se desenvolveu dende o treito que separa a Térmica de Meirama do centro urbano de Cerceda. Nela participaron, ademáis dos veciños e veciñas da zona, xente da Plataforma contra a incineración de Ordes e grupos ecoloxistas da Federación de Agrupacións Culturais Galegas, dos CAF, de Galiza Nova, da CIG, de CC.OO. e do BNG.
Páx. 12-18
A experiencia da reciclaxe de R.S.U. na Mancomunidade de Montejurra (Comarca de Estella, Navarra).
Páx. 19-23
Valoración da problemática que aqueixa á única planta de compostaxe existente en Galicia, presenta unha proposta de mellora e unha avaliación económica que a fai competitiva frente ao Plan de Incineración da Xunta, mesmo nos escenarios máis negativos para a reciclaxe. Máis alá do balance económico favorable, a consideración dos beneficios ambientais da reciclaxe e compostaxe lévanlle a facer unha chamada ás institucións, especialmente ao concello de Ferrol e á Xunta de Galicia, para proceder á mellora e reapertura total da planta de compostaxe de Mougá.