Páx. 20-21
Na fin do mar de Orzán , ao noroeste da cidade da Coruña, érguese o monte de San Pedro. Este anaco de costa virxe entre San Roque e o Portiño é o derradeiro espazo natural que lle queda á cidade totalmente libre da man do home. Lamentablemente o furor inmobiliario e a controvertida forma ten o ser humano de adaptarse ao medio farán da súa ladeira un espazo pavimentado para "desfrutar" desde o automóbil. As obras de ampliación do paseo marítimo da Coruña, supoñerán o desmonte de gran parte da ladeira do acantilado coa inevitable desaparición e dano irreparable para importantes especies de flora e fauna propias desta zona do noso litoral.
Páx. 29-31
O 26 de xaneiro aprobouse o Plan Galicia para o impulso e expansión de GZ Un plan impreciso, feito ás presas sen diálogo e sen participación social, que procura ante todo un impacto mediático e propagandístico para conter o desgaste político dos gobernos do Partido Popular pola súa nefasta xestión ante o Prestige. Este amosa outra nova marea destrutora do noso ambiente, neste caso de cemento, formigón e asfalto. O mellor do Plan é a súa escasa credibilidade. O movemento ecoloxista non reclama a súa aplicación, senón un desenvolvemento ecoloxicamente sustentable e socialmente xusto.
Páx. 22-23
A Ulloa, comarca constituída polos concellos de Monterroso, Antas de Ulla e Palas de Rei, está moi ben definida xeograficamente, xa que se corresponde coa parte alta da bacía do Ulla e está limitada por montañas en todo o seu contorno, menos polo Oeste por onde se abre paso o Ulla. Se ben as ampliacións das pradarías a partires dos anos 70, á costa en moitos casos de terreos arborados, e a tala lenta mais continua que na actualidade se está a facer das árbores autóctonas, están a reducir a extensión deste bosque, aínda é posíbel desfrutar dunha paisaxe onde as chousas de carballos, os soutos, os bidueirais, son as protagonistas.
CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo
Páx. 1-8 Dossier
Estamos diante da gran tramolla da "arquitectura das estrelas". Fora do reducido espazo escénico no que se está á desenvolver o espectáculo emerxen os vellos problemas de sempre que seguen á estar na orixe das preocupacións cotiáns da inmensa maioría da poboación: o dereito á vivenda, o problema do tráfico e do transporte, o cancro da especulació inmobiliaria, o dereito á cidade e á loita contra a exclusión social e a marxinalidade espacial, a defensa da natureza e do meio ambiente, en fin, o respeto a unha cultura e a unha historia que ten escritas na individualidade das paisaxes territoriais e urbanas, as chaves que unha vez desveladas constituirán un dos activos fundamentais para a plasmación dun urbanismo sustentábel na construción da Galiza urbana.
CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo
Páx. 24-25
Diferentes organizacións estanse á mobilizar no cernde de Galiza para salvar o espazo fluvial máis singular de toda a bacía alta do Ulla: as Torrentes de Mácara ou de Ramil, situadas entre os concellos de Palas, Antas e a Golada. Nun tramo de perto de tres quilómetros o río salva un desnivel duns 100 metros de altitude cunha serie contínua de fervenzas e rápidos de enorme beleza e que deben ser dos máis longos do País. Máis nons e trata só do río, senón que a topografía fragosa e inacesíbel determinou un ecosistema de ribeira ben conservado, onde son protagonistas árbores que están aquí no seu limite ambiental coma os érbedos, freixos, amieiros, salgueiros...
Páx. 18-20
Analizamos a desfeita ambiental no Morrazo tras as obras para a construcción da Vía Rápida, tras moitas loitas que resultaron inútiles para a súa paralización. Desde as peticións que obrigaron a xerar un Estudo do Impacto veraz, que deu conta dos 31 xacementos arqueolóxicos polos que pasaría a vía. Ate as alusións ás perdas en canto a valor patrimonial, cultural e hidrolóxico.