Páx. 19-21
As hormonas sexuais e os seus receptores son filoxenéticamente e atópanse en moitas especies tanto de vertebrados como de invertebrados. A posible alteración dos sistemas hormonais a causa de cambios ambientais e os cambios na saúde reproductora e a fecundidade que levan aparellados convertéronse nun dos maiores tópicos da toxicoloxía ambiental e a medicina dende mediados da década nos noventa. Ademais, centraron poderosamente a atención dos medios de comunicación, as organizacións non gubernamentais e os gobernos debido ó crecente interese que espertan os estudos experimentais e epidemiolóxicos desenvolvidos tanto sobre animais como sobre humanos.
Páx. 25
Os cidadáns debemos tomar conciencia de que estamos ante unha grave epidemia e que non valen parches ante unha situación que pode ser de metástase. É imprescindible esixir a priorización do transporte colectivo que fai posible unhas cidades máis peonais, máis humanas, máis saudables, e con mellor calidade de vida en definitiva.
Páx. 15-17
Expóñense os novos conceptos ambientais derivados daquelas normas e directivas europeas que promoven a prevención e a xestión ambiental frente ós tradicionais tratamentos fin de liña como única aproximación. Asimesmo, defínese e avalíase a metodoloxía da análise de ciclo de vida, unha desas novas ferramentas de xestión ambiental. Nunha segunda parte deste artigo, ilustraremos a súa aplicación nun caso práctico, o dos envases PVC e PET.
Páx. 21-27
A contaminación electromagnética xorde nos países industrializados como consecuéncia do uso cada vez maior de aparellos e instalacións rádio-eléctricas. A proliferación incontrolada destes elementos, própios da sociedade do consumo e da información, fai que estexamos baixo a constante influéncia de campos eléctricos e radiacións electro-magnéticas, que contribúen á deterioración da nosa cualidade de vida.
Páx. 28
Artigo do Dossier que recolle unha mirada crítica sobre como afectan os campos electromagnéticos a saúde e os comezos de aplicarse unha normativa de protección sanitaria fronte as emisións electromagnéticas.
Páx. 25-26
Nunha primeira parte deste artigo (Cerna nº34) definiuse e avaliouse a metodoloxía da análise de ciclo de vida (ACV). Nesta segunda parte do artigo do artigo ilústrase a súa aplicación nun caso práctico, o dos envases de PVC e PET usados para embotellar auga. Os resultados do, ACV comparativo manifesta claramente que o envase de PVC presenta un maior índice de impacto case en todas as categorías, sendo o índice global un 25% superior ao do PET.