Páx. 17
A Asociación para a Defensa do Ecoloxismo de Galiza (ADEGA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) denunciaron publicamente a falta dunha auténtica política de conservación dos espazos naturais. A proposta de espazos galegos para a Rede Natura 2000 é un documento que non garante por si só a protección dos espazos incluídos nela e que está a ser utilizada pola Consellería de Medio Ambiente de xeito propagandístico e hipócrita, sobrevalorando a súa trascendencia para ocultar a escaseza de actuacións en materia de espazos naturais.
Páx. 18-21
O tramo comprendido entre o Faro de Mera e o porto de Lorbé, abrangue as parroquias de Serantes e Dexo, localizadas no concello coruñés de Oleiros, producindo unha intrusión, entre as rías de A Coruña e Ares - Betanzos, no denominado Golfo Ártabro.
Páx. 23-25
Probablemente unha das mais relevantes novidades producidas ultimamente en Galiza no campo do meio ambiente é a posible declaración das illas atlánticas como "Parque Nacional". Ainda que semella que nun principio as illas a incluir no devandito parque eran as Cíes, Ons e Onza, Lobeiras e Sisargas, parece que finalmente ficou desvotada a inclusión desta última. Con este artigo pretendemos facer unha primeira avaliación do interese biolóxico que encerran estas illas no que se refire á súa flora e vexetación.
Páx. 12
O plan de selado e clausura de minas antigas e abandoadas ameaza a súa conservación. A empresa adxudicataria do estudio previo do plan da Xunda de Selado e Clausura de Minas Antigas e Abandoadas ignorou totalmente a cuestión de conservación dos morcegos.
Páx. 14-15
O carballo (Quercus robur L.), tralo piñeiro do país, é a segunda especie máis abundante de Galicia. Sen contar as superficies onde se mestura con piñeiros e eucaliptos, está presente, de xeito dominante en 195.000 hectáreas, segundo o 3º Inventario Forestal Nacional. Nos últimos 10 anos a súa superficie aumentou en 158.318 hectáreas xunto coas demáis frondosas autóctonas de Galicia.
Páx. 33-34
Entre muitas funcións do bosque dende sempre destacou a de seren o celeiro onde recoller a leña necesária para facer o xantar ou quecer-se no inverno. Perante a actual situación de crise enerxética, a leña poderia-se converter nun combustíbel alternativo aos combustíbeis fóseis. É un recurso renovábel e poderia contribuir á limpeza e aclarado dos nosos montes, asi como ser unha fonte de traballo e riqueza para o rural. Perguntar-se de onde procede a leña e como se cortou, son algunhas cuestións a responder para que os bosques que nos quedan non se nos vaian das mans ou pola cheminea.