Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 79 - Leirón...

Verán 2018

CERNA Nº 79 - Leirón Cinsento

Artigos da revista CERNA Nº 79

Recursos 79

Ramsés Pérez

Páx. 4

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

A ILP do bosque consegue o apoio masivo da sociedade galega

Cerna/Redacción

Páx. 5-7

O pasado 22 de xuño, representantes da Comisión promotora da “Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais”, e dos máis de 60 colectivos que integran a rede Cousa de Raíces e a Alianza Rural Galega, entregaron na Xunta Electoral de Galiza 42.561 sinaturas de apoio á ILP. Con este acto deuse por pechada a campaña a prol da chamada “ILP do bosque” na que se celebraron ducias de actos e participaron milleiros de persoas e centos de colectivos de toda a xeografía galega.

A floresta em portugal: gestão, monoculturas (eucaliptização) e incêndios

Miguel Reis

Páx. 8-10

A floresta em Portugal ocupa cerca de 35% do território continental, apresentando o Eucalipto como espécie dominante, seguida do Sobreiro, do Pinheiro Bravo e do Carvalho. A insustentabilidade atual da floresta portuguesa devese a vários problemas crónicos fruto de uma gestão florestal voltada para a produção. Com o objetivo de melhorar a gestão e ordenamento florestal, diminuir e restringir oalargamento do Eucalipto e combater eficazmente os incêndios florestais, o Estado português criou uma Reforma Florestal. Com este panorama nacional é imperativo que a gestão e ordenamento futuro da floresta seja sustentável e que as medidas apresentadas pelo estado tenham sucesso.

A irracionalidade do cultivo do eucalipto

Antonio Manuel Estévez Prieto

Páx. 11-14

A situación do eucalipto e as resinosas en Galiza mostran un escenario especulativo en grao máximo afastado da realidade do medio natural que produce a riqueza, explotando os nosos bosques e montes sen control sen pagar ningunha peaxe polos danos ambientais da súa explotación, impedindo, ao mesmo tempo, que un sector amplísimo da sociedade poida vivir do real, sensato e sostible aproveitamento dese medio natural. Isto supón un desprezo enorme a toda a xente nova que ten que saír de Galiza para buscar o seu futuro. Fulmínanseuns recursos que son de todas as persoas e de interese xeral.

Montes de coruxo: de lume a lume, na procura do bosque encantado

Rubén Blanco e Afonso S. Rodríguez

Páx. 16-19

No ano 1992 a Comunidade de Montes Veciñais de Man Común (CVMC) Común de Coruxo iniciaba a súa andadura, emprendendo un proceso de transformación do monte comunal que continúa a día de hoxe. Os comuneiros e comuneiras herdábamos un monte que as distintas administracións xestionaran até entón cun enfoque produtivista, orientado ao cultivo de especies de crecemento rápido, nomeadamente eucalipto branco (Eucalyptus globulus), piñeiro bravo (Pinus pinaster) e acacia negra (Acacia melanoxylon). Unha vez recuperada a propiedadecomunal, as directivas que se foron sucedendo substituíron gradualmente a masa arbórea orixinal por unha formación máis diversa, cunha presenza cada vez máis importante de frondosas autóctonas. O monte gañaba ano tras ano en calidade paisaxística, en biodiversidade... Todo cambiou o día 15 de outubro de 2017, cando o 73% da superficie comunal resultou calcinada por un devastador incendio forestal.

A mina de Touro-O Pino, de macrovertedoiro a megaexplotación mineira

Xan Louzao e Fins Eirexas

Páx. 20-23

En 1973 comezou a explotación da mina pola empresa Río Tinto, que continuou ate 1986. Abandonada a actividade, os terreos ficaron sen restaurar, contaminando fortemente as augas subterráneas e superficiais, como ten demostrado ADEGA a través de sucesivas analíticas –a última en decembro de 2017- nas últimas tres décadas. A partir de 2000, a mina utilizouse para o depósito de enormes cantidades de residuos, aparecendo entón a contaminación do aire polos fortes cheiros xerados. A esta situación, sumábase hai un ano a solicitude de reapertura da explotación mineira baixo o nome comercial “Cobre San Rafael S.L.”. O novo proxecto, impulsado pola actual concesionaria Explotaciones Gallegas, S.L, xunto coa multinacional chipriota Atalaya Mining, pretende extraer cobre en toda a extensión que ten concedida até o ano 2068, que abarca máis de 2.000 Has (20 km2), partindo o concello de Touro en dous e ocupando tamén parte de O Pino. A oposición veciñal á mina foi medrando segundo se foron coñecendo os pormenores do proxecto nun contexto administrativo pouco transparente. Agora saen á luz informes sectoriais das diferentes consellarías, previos á declaración de impacto ambiental, que aínda reafirman máis a oposición á mina.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal