Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

CMVMC de Santiago de Covelo

Alexandre Cendón

CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?

Páx. 36 - 37

A función ecolóxica, económica e social do monte son os tres eixos que marcan o que facer desta Comunidade de montes veciñais en man común do Concello de Covelo, na comarca da Paradanta. A partir destes eixos e cos veciños e veciñas como protagonistas, a xestión forestal destes montes camiña pola senda da sostibilidade.

Unha lagarta moi rabuda

Xosé Salvadores

CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?

Páx. 38

A lagarta rabuda e unha especie característica pola súa longa cola, as súas cores e a súa disposición. Pode ter varias postas dende o mes de abril, que son imprescindibles para garantila súa supervivencia. Para non ser descuberta usa a camuflaxe e se isto non lle funciona a súa morfoloxía permítelle escapar a gran velocidade.

A hedra da andoriña

Mª Xosé Castro e Gemma Pérez

CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?

Páx. 39

A Celidonium majus. Chelidonea, que quere dicir en grego andoriña é unha herbácea que medra en zonas sombrías, sendo habitual a beira de construcións rurais e valados. Ten uso terapéutico, xa que produce unha sabía capaz de facer desaparecer verrugas e tratar eficazmente durezas ou callos, tamén se lle atribúe unha acción sedante local.

Entrevista a Cristovo Ruíz Leivas

Entrevistado por B. Rodríguez e X. Salvadores

CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?

Páx. 41 - 42

Cristovo Ruiz Leivas é posibelmente un dos micólogos de campo máis experimentados en Galiza. Desde que se trasladou ao Barco de Valdeorras no ano 1953 comezou a estudar os cogomelos e a recoller polo rural toda a cultura oral relativa ao mundo dos fungos que deixou nalgunha das súas obras como Fraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos, publicado en 2002. Agora imparte xornadas de micoloxía por toda Galiza. A súa máxima é: “cando fales de cogomelos, fala dos malos e non terás preitos cos aconsellados”.

Recursos 63

Ramsés Pérez

CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido

Páx. 9

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

Galiza e o seu territorio. Unha historia de agresión que debe rematar

Daniel López Vispo

CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido

Páx. 16 - 19

Dende os comezos da etapa franquista o medio galego viuse transformado, pasando de ser un recurso sustentable que abastecía de alimentos as persoas do entorno, a partir deste intre comezouse a ver outras posibilidades no aproveitamento dos recursos galegos, fundamentalmente encoros para producir electricidade e os montes para producir pasta de papel con plantacións de especies de rápido crecemento. Todas estas accións sempre se realizaron pola forza das autoridades policiais o servizo do Estado e enfrontando a poboación local, e xa é hora de que na Galiza se produza un cambio, que permita a real ordenación do territorio, fomentada polas persoas que habitan neste entorno e que persiga un desenvolvemento sostible, que sempre será un beneficio para os seus habitantes.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal