Páx. 28-29
Varios son os problemas cos que se enfrenta o mundo nestes momentos e un deles, tal vez o máis acuciante, é o problema da fame: perto de 800 millóns de persoas sofren desnutrición, e da orde de 2000 millóns están subalimentadas. Por outra parte, asistimos a unha mengua constante e acelerada da diversidade biolóxica, garante presente e futuro para a alimentación, a medicina, o vestido,... As diferencias entre pobres e ricos aumentan cada día e os capitais concéntranse en moi poucas mans mentras medra perigosamente o número de pobres. A contaminación acumulada durante anos de actividade industrial afecta a auga, ó solo, ó aire; e pon en perigo a saúde humana. As últimas crises (polos con dioxinas, "vacas tolas",...) aumentaron a preocupación pola seguridade alimentaria, mentres que continúa o éxodo do campo de milleiros de labregos e labregas, forzados polas novas políticas agroalimentarias. ¿Está nos xenes a solución? Evidentemente, non.
Páx. 32-34
Era o 18 de Maio de 1990 e o veciño da parroquia pontevedresa de Salcedo, Arturo Estévez, denunciaba á Celulosa polos danos ocasionados nos seus cultivos; con seguridade non podía imaxinar daquela que a súa denuncia, unha máis entre tanta outras, había de ter unha trascendencia moi particular. En efecto, esta denuncia motivou á "Asociación Pola Defensa da Ría" (APDR) a se persoar como parte e acusar ao complexo industrial de Lourizán por "delito ecolóxico" polos efectos negativos que os vertidos á ría e as súas emisións atmosféricas teñen sobre o medio ambiente, os organismos vivos e a saúde das persoas. Agora, o xuíz conclúe que existe vulneración da lexislación sobre contaminación atomosférica.
Páx. 35-37
Terceira entrega onde se analiza a obra de Castelao: Sempre en Galiza.
Páx. 38-40
A Serra do Candán, un dos principais espacios da media montaña galega, conta cun patrimonio natural, arquitectónico e etnográfico importante e en bo estado de conservación que hoxe se atopa seriamente ameazado. No momento de escribir estas liñas, un 40% dos seus planos altos están a ser arrasados pola construcción de dous parques eólicos, que neste caso poden considerarse ambientalmente negativos. Estas obras son producto dun plan eólico galego, que ao entender do Movemento Ecoloxista Galego, promove dous tipos de parques: os "constructivos" e os "destructivos". Os primeiros poden ser entendidos como unha enerxía de menor impacto que outros sistemas de producción enerxética (centrais térmicas, encoros...), e que polos tempos climáticos que corren é necesario promover. Os "destructivos" son aqueles que teñen unha incidencia ambiental sobre o medio incompatible coa súa conservación; están normalmente promovidos en espacios de elevado valor natural, na maior parte dos casos recoñecidos oficialmente coma "espacios naturais protexidos". A súa incidencia negativa no medio supera os beneficios que para o medio ambiente teñen.
Páx. 39
Breve intoducción pola Serra do Faro que se encadra entre as comarcas do río Arnego e as chairas de Chantada.
Páx. 42-43
Baixo o títuto " 25 ano de Medio Ambiente e Ecoloxismo na Galiza", ADEGA publica un libro onde recolle relatorios dunhas xornadas realizadas o ano pasado coa idea de lembrar a creación de ADEGA nos anos setenta e as principais loitas ecolixistas dende entón.