Páx. 22-23
O roteiro percorre parte de catro concellos da Comarca de Ordes polos que pasa o río Lengüelle:Ordes, Tordoia, Trazo e Oroso. O río Lengüelle que nace na serra de Montemaior, recolle as augas dos regatos da bisbarra de Ordes para tributa-las ó Tambre, no linde sur desta comarca.
Páx. 24-27
Resumo de datos bio-bibliográficos do autor lucense Uxío Novoneira, facendo unha síntese polo seu amor polo natureza e pola serra do Caurel.
Páx. 28-30
Este artigo é continuación do iniciado no número anterior sobre os mamíferos das Fragas do Mandeo, no que fixemos unha descrición xeral dos valores e situación destas fragas. Despois de observa-los animais presentes en Chelo, constátase que se trata dun lugar cunha grande importancia faunística a tódolos niveis, agás pola falta de grandes vertebrados (feito evidente dada a situación e uso da zona). Sinalamos no número anterior a rica fauna de mustélidos que atopa refuxio nesta área. Tamén é importante a existencia do rinolofo grande e do leirón careto especies moi pouco estudiadas.
Páx. 12-13
A cerdeira brava, prunus avium, é unha árbore de talla media a grande, xa que acada os 25 m. Xunto coa nogueira e o castiñeiro, forma o trío das frondosas autóctonas caducifolias das que se obteñen produccións de maior calidade e valoración no mercado. Ó igual ca elas, ten posibilidade de aproveitamento mixto o froito e madeira.
Páx. 14-16
A política de conservación da natureza na Galiza estivo até hoxe marcada pola precariedade. O número de lugares protexidos foi sempre moi escaso desde que se plantexou unha política de conservación por parte das institucións públicas nos anos 70. A título de exemplo, a comezos da década dos anos 90 Galiza tiña protexido menos do 1% do seu territorio.
Páx. 17
A Asociación para a Defensa do Ecoloxismo de Galiza (ADEGA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) denunciaron publicamente a falta dunha auténtica política de conservación dos espazos naturais. A proposta de espazos galegos para a Rede Natura 2000 é un documento que non garante por si só a protección dos espazos incluídos nela e que está a ser utilizada pola Consellería de Medio Ambiente de xeito propagandístico e hipócrita, sobrevalorando a súa trascendencia para ocultar a escaseza de actuacións en materia de espazos naturais.