Páx. 22-25
Moitas veces ouvimos dicir ou dicimos nós mesmos "que cara está a gasolina", "hai que ver cantos impostos pagamos cando mercamos un automóbil" e se apuramos máis moitas veces pensamos que isto é moi inxusto. Este foi o posicionamento do Real Automóbil Club de España nunha ampla campaña na que reivindicaba a construcción de máis infraestructuras e a inversión de máis diñeiro público no desenvolvemento do transporte por estrada. A proposta entón deste artigo é comprobar se era certa esta formulación ou se era sesgada en orixe, tendenciosa, que o que pretendía era reclamar unhas inversións ás que "non tiña dereito".
Páx. 26-28
A seguinte reportaxe constitúe a primeira publicación dun proxecto iniciado en 1997 por un grupo dos entonces estudiantes do último ano de bioloxía na Universidade da Coruña. O seu interese polo meio ambiente, engadido a un ambiente de compañeirismo e amizade, así como a relación de camaradería con moitos dos profesores fixo realidade unha idea que aínda non se sabe ben como xurdiu: tentar facer un proxecto común de fin de carreira, multidisciplinar - segundo as afeccións de cada un-nunha área na que todos disfrutamos horas inesquecibles de "ciencia" e lecer. O couto de Chelo.
Páx. 30
A natureza na literatura analiza a contribución de Gonzalo López Abente a través dos seus poemas que relacionan emocións e natureza.
Páx. 31
Seción Actividades inclúe: Programa CERNA en Radio Vilalba, Atentado contra as Dunas de Liméns, Enerxía: é posibel un desenvolvemento sen destruir a natureza?
Páx. 32
A sección Actividades inclúe dous textos, un sobre os depósitos de combustibles en Vilagarcía de Arousa e otro sobre una Campaña sobre Alimentos Transxénicos.