Páx. 12-13
De madeira dura, flexible e resistente, o teixo foi usado dende hai milenios para diversos usos tanto militares coma domésticos. Debido a súa durabilidade, chegaron ata os nosos días estructuras feitas con dito material e aínda hoxe segue sendo unha madeira moi apreciada. Por tratarse dunha especie vulnerable, require o noso apoio para conservar os exemplares actuais e plantar novas árbores.
Páx. 14-18
Análise do Plano da Xunta para a Xestión de RTPs. O Plano elaborado pola Consellería de Industria e Comercio para o periodo 1996-2000 intenta encadrar as últimas actuacións da Xunta no marco do novo Plano Nacional 1995-2000 sobre RTPs. Isto conseguese só de forma parcial e moi forzada, pois no esencial a liña da Xunta segue unha xestión clásica, baseada nos "tratamentos de fin de tubería", mentres que o último plano estatal incorporou en certa medida o enfoque da prevención.
Páx. 20-21
Situación actual do coñecemento e nivel de protección da flora rara e ameazada da Galiza.
Páx. 22-24
Xavier Seoane Rivas é un profesor, licenciado en Filoloxía, colaborador de diversas revistas e xornais, pero ademáis é unha das figuras máis relevantes do panorama poético galego contemporáneo. Fálase da súa traxectoria literaria e inclúense extractos das súas principais obras.
Páx. 25-26
A Carballeira de San Xusto, situada na parroquia de San Xurxo de Sacos (Concello de Cotobade e provincia de Pontevedra) é, cos seus máis de cen carballos centenarios, unha das máis representativas de Galiza. Obxeto de antigas cantigas populares e de tradicionais romarías, foi durante os últimos sete anos motivo dunha aceda controversia entre os viciños que defendían o carácter comunal que a carballeira e a súa redonda tiveron sempre e o párroco, que tivo a ousadía de inscrebela no rexistro como se fose propiedade privada da Igrexia católica. Finalmente, e logo dunha longa loita, a carballeira volve aos viciños. Un deles cóntanos todo o proceso.
Páx. 28-29
Campaña desenvolvida por ADEGA para a defensa dos camiños do ferro en Galiza consistente no envío de tarxetas postais ó Ministro de Fomento coas que se reclaman os investimentos necesarios para levar a cabo a modernización do transporte ferroviario.Ademáis inclénse as seguintes actividades:- Alegación de ADEGA á canlización do río Sar en Padrón- Entregan no concello de Santiago máis de 3000 sinaturas reclamando a recollida selectiva e a reciclaxe- ADEGA solicita a paralización das obras da N-640 ó seu paso por Cuntis- Distribución de plantas autóctonas- Incoado expediente sancionador por vertidos a un río.