Páx. 20-21
Un artigo de Ramón de la Sagra sobre a conservación dos bosques (1854).
Páx. 22-24
O artigo inclúe unha breve biografía do poeta Faustino Rey Romero, ademáis dun repaso pola súa bibliografía e inclúense extractos das súas obras máis salientables.
Páx. 25-26
A construcción da liña de alta tensión Mesón do Bento-Lindoso de 400 Kv. e correspondentes ramificacións divide o territorio e a opinión dos galegos entre os que se rinden de seguida ante unha oferta económica e a amiaza de expropiación e os máis conscientes que resisten ante que consideran unha estafa económica e un risco para a saúde.
Páx. 27
Os días 18 e 19 de maio tivo lugar en Madrid unha reunión da Rede de cidadáns contra a incineración, na que participaron membros de ADEGA. Nela analisouse a situación das incineradoras en funcionamento e dos proxectos en marcha no Estado. Na actualidade están en funcionamento unhas 20 instalacións de incineración de RSU, as que teríamos que sumar un longo número de pequenos fornos incineradores de residuos hospitalários e de resíduos industriais.
Páx. 2-3
Como tódolos anos a Consellería de Sanidade fai público un informe sobre a calidade das augas nas praias galegas, tanto as de litoral como as fluviais. No artigo analízanse entre outras cousas, os criterios que se empregan para dotar a unha praia da bandeira azul e as accións de educación ambiental que se poden levar a cabo para resolver os problemas de mala calidade das augas.