Páx. 5
Anque cuantitativamente as pilas representan unha porcentaxe moi pequena do lixo (da orde do 0,15%), son moi importantes desde o punto de vista ambiental polo seu contido en sustancias altamente contaminantes. Aínda que a Directiva 91/157 CEE instaba ós Estados membros a adoptar medidas respecto ó seu tratamento, o Estado español chega con retraso a implementalas.
Páx. 6
Tivo este ano o "entroido" pontevedrés un comezo diferente: a presentación á prensa por parte de "Celulosas" dun suposto informe sobre "Medio ambiente, impacto y cambios históricos en la Ría de Pontevedra", realizado por Xavier Niell; forma parte esta presentación dunha nova campaña de "lavado de imaxe" que o contaminante complexo industrial de Lourizán ven desenvolvendo nos últimos tempos.
Páx. 7-8
Con máis de 50.000 sinaturas recollidas, e 41.398 declaradas válidas pola Xunta Electoral, esta ILP ecoloxista será tratada próximamente no Parlamento Galego como a iniciativa con maior apoio popular. Diversas actividades de reivindicación da reciclaxe e de denuncia dos graves problemas ecolóxicos, sanitarios e económicos que a incineración conleva precederán á súa lectura. Entre as actividades inclúese unha manifestación en Compostela para ó 9 de xuño.
Páx. 9
A fruitopía consiste en lograr un desenvolvemento rápido dos países pobres e un consumo máis racional e solidario nos ricos, de modo que, sen perder cualidade de vida, permitamos ós outros lograla.
Páx. 10-11
Como alternativa ADEGA propón a mellora do ferrocarril e da actual carretera, e o potenciamento do transporte colectivo en tren e autobús, obxectivos que se poden acadar cunhas inversións mui inferiores ás que a autoestrada requeriría. ADEGA denuncia as deficiencias do EIA, que nen valora satisfactoriamente o impacto ambiental nen xustifica a necesidade de tal obra. A construcción dunha autoestrada afondaría nun modelo de transporte altamente impactante e non sustentable, e colevaría fortes costes sociais, económicos e ecolóxicos. O tren perderíase definitivamente.