Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

Roteiro: Polo Salnés ata Xiradella

Cerna/Redacción

CERNA Nº 16 - -

Páx. 15-17

Percorrido polas paradas do roteiro Salnés- Xiradella, facendo fincapé nos recursos naturais e culturais máis salientables do entorno.

Acerca da riqueza que conteñen os residuos e algunhas formas de recuperala

Alfonso del Val

CERNA Nº 16 - -

Páx. 18-26

A consideración indiscutible de que todo residuo é un recurso aproveitable debería presidir sempre a xestión de residuos. Sen embargo, é evidente a necesidade de acometer un serio plan de reducción en orixe, isto é, debe priorizarse a prevención sobre a reciclaxe, tal e como esixe o máis mínimo sentido común e incluso a propia doutrina e lexislación da UE.

Emprego e alternativas de xestión de residuos. Aspectos económicos e sociais da incineración e da reciclaxe

Manuel Soto Castiñeira

CERNA Nº 16 - -

Páx. 30-33

As cuantiosas inversións que o plan Cuiña requere para a súa implantación están a causar unha auténtica guerra entre as empresas que dispoñen de tecnoloxías de incineración ou participan na súa comercialización. Analízasen os custos de diverso tipo de esta forma de tratamento.

A "ecotaxa" da Xunta: Imposto ecolóxico ou coartada fiscal?

Cerna/Redacción

CERNA Nº 16 - -

Páx. 34-35

O Parlamento galego aprobou recentemente a creación da denominada "ecotaxa", un imposto que vai gravar as emisións masivas de dióxido de xofre e nitróxeno que realizan na atmósfera algunhas grandes empresas ubicadas en Galicia. A acusación de que o obxectivo da Xunta ao establecer este imposto non era a de protexer o medio ambiente foi bastante xeral durante o debate previo.Inclúese ademáis un breve comentario de Xabier Labandeira, especialista en economía ambiental.

O Salto do Sela

Cerna/Redacción

CERNA Nº 16 - -

Páx. 36-37

Análise do impacto e problemas que suporía a construcción dun encoro nesta zona.

A estancia na Galiza de Alexandre Von Humboldt (1799), un precursor da ecoloxía

Xosé A. Fraga Vázquez

CERNA Nº 16 - -

Páx. 38-39

O importante naturalista prusiano Humboldt (Berlín, Alemania, 1769-1859), autor de gran influencia entre os estudosos e afeccionados da Natureza do s.XIX, emprendeu en 1799, desde a A Coruña, unha salientable expedición a América. No artigo lémbrase a estancia en Galiza deste sobranceiro personaxe, da que en 1999 se cumpriran dous séculos.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal