Páx. 19-23
Valoración da problemática que aqueixa á única planta de compostaxe existente en Galicia, presenta unha proposta de mellora e unha avaliación económica que a fai competitiva frente ao Plan de Incineración da Xunta, mesmo nos escenarios máis negativos para a reciclaxe. Máis alá do balance económico favorable, a consideración dos beneficios ambientais da reciclaxe e compostaxe lévanlle a facer unha chamada ás institucións, especialmente ao concello de Ferrol e á Xunta de Galicia, para proceder á mellora e reapertura total da planta de compostaxe de Mougá.
Páx. 7
O sábado 23 de setembro tivo lugar en Pamplona unha manifestación contra o proxectado encoro de Itoiz, na que participaron colectivos procedentes de diferentes zonas do Estado Español, en protesta pola política hidrolóxica do goberno central e dalgunhas comunidades autónomas, baseada na construcción de numerosos encoros e trasvases.
Páx. 8
Os viciños de Toques gañaron a partida á Unión Española de Explosivos (UEE). O proxecto de instalación en Paradela dunha fábrica de nagolita e un almacén de explosivos tiña a aprobación do alcalde Jesús Ares e dos concelleiros do PP que deron o visto bo á empresa promotora. No entanto, as movilizacións exercidas polo movimento viciñal que viu os riscos que supuña para a comarca a instalación do polvorín conseguiron botar abaixo o proxecto malia as promesas feitas tanto desde a alcaldía como desde a empresa.
Páx. 9
O problema irresolto do almacenamento dos residuos radiactivos é sen dúbida un dos mellores argumentos en contra das centrais nucleares. No mundo existen máis de 400 centrais que producen centos de millares de toneladas de residuos de alta radiactividade, residuos que van manter o seu poder mortífero por máis de 200.000 anos, é dicir, que a escala á que se move a nosa historia humana podemos consideralos eternos.
Páx. 10-11
Análise do ciclo biolóxico e peculariedades das anguías.
Páx. 12-14
Na actualidade a dinámica de introdución de especies de algas mariñas alóctonas está moi acelerada, fundamentalmente polo incremento do trafego marítimo e a importación máis ou menos incontrolada de material biolóxico. Todo isto provocou a ruptura das antigas barreiras bioxeográficas, facilitando a implantación de especies foráneas. Nas costas galegas este fenómeno é particularmente significativo pola importancia e desenvolvemento da súa maricultura.