Páx. 10
Galiza conta na actualidade con dous parques eólicos, un en Estaca de Bares e outro en Cabo Vilano, estando en construcción seis parques máis que se prevé entren en funcionamento a finais de 1995 nos concellos de Malpica, Cedeira, Porto de Son e O Vicedo.
Páx. 11-14
Tendencias da reciclaxe en Estados Unidos (2ª Parte). Unha parte moi importante de calquera estratexia de reciclado é a identificación dos mercados para os materiais reciclados que se obteñen nunha MRF ou estación de transferencia.
Páx. 15-16
Análise da situación actual do sector da agricultura ecolóxica a nivel internacional, español e galego.
Páx. 17-19
A grave contaminación atmosférica no noso país está afectando seriamente o desenrolo e o crecimento das especies forestais. Esta problemática levou a ADEGA a realizar xá nos anos 92-93 un estudo do estado fitosanitario do bosque para o Concello de A Estrada. No ano 94, ADEGA levou a cabo un estudo similar, apoiado pola Diputación Provincial e polo Sindicato Labrego Galego, para toda a provincia de A Coruña.
Páx. 24-25
Nestes días celébrase o terceiro centenário do nacimento do salientábel ilustrado galego Martiño Sarmiento. Entre os moi diversos temas aos que este erudito prestou atención figura o da pesca na ría de Pontevedra e as migracións dos atúns; no estudo adicado a estes peixes introduce uns interesantes comentarios sobre o equilibrio natural, cuestión que trataremos neste artigo.