Páx. 11-13
Entrevista ó escritor Manolo Rivas no que reflexiona, entre outras cousas, sobre a "estafa" que supón o proxecto de incineración da Xunta que vai converter a "Galiza nunha especie de rede arterial de transporte do lixo", ademáis de propoñer o traslado de ditos temas á ONU.
Páx. 14-15
O posicionamento de ADEGA en contra deste encoro xa comenzou nas alegacións presentadas no ano 93 ás directrices do Plano Hidrolóxico, onde se opuña ás barraxens proxectadas. Desde entón ADEGA tense manifestado reiteradamente en contra do encoro de Caldas en diferentes notas de prensa, así como tamén llo ten comunicado ás Coordinadoras Antiencoros.
Páx. 16-18
É patente a contradición entre o que esgrime a Xunta para facer o encoro do Umia en Caldas, é dicir, os supostos problemas de abastecemento de auga na comarca do Salnés durante o verao, e o apoio á construcción dun campo de golf na mesma zona. Por outro lado, a política de recorte de subvencións e axudas para o deporte non casa demasiado ben con esta iniciativa.
Páx. 20-22
Basta considerar a distribución das inversións previstas no Plano de SOGAMA para poder afirmar que dito plano non ten nada de plano de reciclaxe, e que mesmo terá que ser modificado para atinxir os obxectivos da recente Lei de Envases. Máis do 90% do investimento adícase á recollida, transporte e tratamento do lixo por incineración, discriminando as opcións de prevención e reciclaxe. Inclúese ademáis a alternativa de ADEGA a dito plano, cunha distribución das porcentaxes do investimento moito máis sustentable para o medio ambiente.
Páx. 23
Proposta de diversas actividades relacionadas có medio ambiente, en concreto:- Campaña por un consumo racional, organizada pola FEG- Exposición sobre o impacto dos encoros na Galiza- Postal de denuncia do contubernio Xunta-Fenosa- Mesa pola Defensa dos Camiños do Ferro.
Páx. 24-25
O millo, o arroz e o trigo conforman máis do 50% do alimento consumido no mundo. Patentar estas plantas xenéticamente modificadas polas multinacionais é desacougante. A postura de ADEGA supón, entre outras propostas, a prohibición da introducción da soxa e do millo transxénicos en Galiza e a esixencia de estudios rigososos para o medio e para as persoas que proben a inocuidade destes alimentos.