CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 36-37
Vaia por diante, e quede claro dende o principio, que non son técnico, mais si me considero unha persoa cun pouco, bastante, sentido común... Fai anos, moitos anos, nunha remota comarca de Galiza, deseñouse unha folla de ruta para planificar e vertebrar o territorio e a mobilidade, tanto pública como individual. Un obxectivo que podemos, e debemos, definir como de bases ecolóxicas.
CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 38-39
ADEGA-Lugo organizou en 2021 as xornadas “Que cidade queremos?”, integradas por catro mesas redondas nas que tratamos de dar resposta a esta pregunta, abordando cuestións como a mobilidade e o desenvolvemento urbano como eixo para a sustentabilidade dos nosos hábitos cotiás. Como imaxe destes encontros, empregamos a escultura da praza do Museo Provincial de Lugo, a obra do escultor Álvaro de la Vega que leva por título Cinco mans que apoian a muralla, reivindicando así a participación cidadá na creación da cidade.
CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 41-42
A cidade da Coruña ten unha clara relación co mar pero, tamén cos ríos. Malia non contar cun curso fluvial destacado inserido na estrutura urbana, o Monelos e algúns regatos menores discorren polo termo municipal, flanqueados por bosque de ribeira. Visibilizar os servizos ecosistémicos que ofrecen os ríos, amosar a súa importancia para a cidadanía da Coruña e sentar as bases para restablecer a relación que perdeu cos espazos fluviais, foron algúns dos obxectivos do programa “A Coruña, Por uns Ríos Limpos!”, desenvolvido por ADEGA coa colaboración e financiamento da área metropolitana do Concello da Coruña.
CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 44-46
"Eólicos si pero non así” é unha das frases máis repetidas ultimamente no concello da Baña. Quere isto dicir que a veciñanza deste municipio está en contra dos eólicos? Obviamente, non. Non estamos en contra das enerxías renovables nin dunha transición enerxética que coide o noso planeta. É mais, defendemos a calidade da nosa contorna, pero opoñémonos ao abuso que se está a cometer sobre o noso territorio por parte da Administración galega e das empresas enerxéticas.
CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 47-49
Socias de Tarabelada, asociación cultural e ambiental de Castro Caldelas, e integrantes da Coordinadora Eólica Así Non, expoñen a súa visión de como é vivir nun lugar "idílico" como a Ribeira Sacra e das ameazas que poñen en risco a súa preservación, con especial atención aos proxectos eólicos.
CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 50-51
Tres xuristas de diferentes ámbitos dan resposta ás preguntas que nos facemos con respecto ás posibilidades de frear a instalación de proxectos eólicos na nosa terra. Concretan, entre outras cuestións, recomendacións a nivel legal para as plataformas veciñais e colectivos sociais afectados.