CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 46
Os soutos constitúen o maior símbolo de simbiose entre o home e a natureza, sendo soutos e castiñeiros elementos moi representativos da paisaxe e do xeito de vida da poboación galega durante séculos. Sen embargo, as pragas e enfermidades que comezaron a atacar estas árbores, mermaron a súa saúde e, por ende, a súa presenza na súa paisaxe. O souto, como o ecosistema de maior diversidade estudado (Gutián J., “O Courel”), permite a producción de castañas e cogomelos ademáis de protexer as vivendas perante os lumes, polo que a planificación de faixas verdes ao redor de vilas e cidades acada fins paisaxísticos, económicos e ecolóxicos.
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 47-48
Até hai poucas décadas, a castaña foi un alimento esencial para os galegos e os seus animais, principalmente até o inicio do cultivo da pataca, e logo en épocas de fame como o período da guerra civíl española e a posguerra. Era frecuente que se plantaran castiñeiros no perímetro dunha finca a labradío ou nas beiras dos camiños, con diferentes variedades, unhas máis temperás e outras máis tardías, para prolongar ao máximo a dispoñibilidade de froito para o seu consumo. Alibos, e o resto do sector da castaña, levan loitando desde hai máis de dez ano, dentro da Asociación Proagrosilga, por un cambio na mentalidade repoboadora dos propietarios das terras e na da xestión de axudas procedentes da Administración.
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 49-50
CERNA Enxeñería conseguiu certificar a xestión forestal de aproximadamente 1300 hectáreas baixo dous modelos semellantes de certificación grupal impulsados pola iniciativa privada. Trátase do primeiro caso en España desta tipoloxía, no que ademáis, se acadou a certificación forestal FSC dos dous primeiros Montes Veciñais en Man Común en Galiza, figuras especialmente representativas da propiedade na nosa rexión cunha importante vertiente social. O interese tamén aumenta ao tratarse de montes nos cales a actividade económica preferente é a producción de madeira.
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 52-54
O xénero Netorras (Russulas) comprende corpos frutíferos terrestres, carnosos sen anel nin volva, e raramente con veo. As rúsulas son fungos homoxéneos, é dicir, con trama contigua entre o sombreiro e o pé, e caracterízanse por ter a carne, en particular a do pé, tipicamente non fibrosa, senón ao contrario, máis ben xesosa, que rompe facilmente e do mesmo xeito que un xiz.
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 52-54
Que 200 traballadores da industria pirotecnia galega quedasen no paro temporalmente como consecuencia da normativa estacional de prevención de incendios forestais pareceu, e seguramente o foi, unha traxedia social inaceptábel. Mereceu sen dúbida, a atención dos medios de comunicación e a solidaridade de quen asocia a celebración festiva cos estoupidos de rigor. Hai dramas similares pero de maior escala que, sen embargo, están a pasar desapercividos, resultando totalmente invisíbeis para os medios de comunicación e a sociedade. Facendo unha estimación sobre os datos de emprego referidos a 2007 derivados do Proxecto Fénix, xusto nos prolegómenos da crise actual, a perda de postos de traballo no sector da Educación Ambiental (EA) en Galiza durante os últimos catro anos pode estimarse nun 50%, unhas 500 persoas.
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 56
O merlo riero (Cinclus cinclus) é un páxaro do tamaño do merlo común, un pouco máis repoludo e coa cola máis pequena. A súa cor é dun pardo moi escuro, excepto a cabeza, que é de cor chocolate e loce un espléndido babeiro branco. O merlo riero, como indica o seu nome, está ligado intimamente aos cursos fluviais e, neste caso, ao río Cabe.