CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 41
A curiosidade fixo que, hai anos, ao pé dun río, ficara atenta a un arbusto de umbeladas flores brancas. Dubidei, fitei, acheguei a man e esmaguei unha folliña coas xemas dos dedos. O arrecendo forte, que eu achei cuspidiño ao millo torrado, quedaría para sempre e dende aquela vencellado a un nome, “sabugueiro”.
CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 42
As touradas nunca foron unha tradición galega de seu, mais nos últimos anos estamos a ver en certas vilas o auxe deste tipo de eventos, destacando as de Sarria, Pontevedra ou A Coruña. A asociación de protección animal ABEIRO, onde Susana Romero é presidenta, a par que ADEGA, forman parte da plataforma Galiza, mellor sen Touradas, que está a realizar unha intensa labor pola prohibición deste tipo de festexos. O apoio cada vez maior da sociedade a esta causa, conscientes do sufrimento do touro, é crucial para conseguir a disolución completa das touradas no noso país. Nesta entrevista daranse as claves para conseguilo.
CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación
Páx. 8
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambienteCerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinteenderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación
Páx. 10 - 11
Na Asemblea do 20 aniversario da FEG, celebrada os pasados 27 e 28 de marzo, presentouse o proxecto Temos Raíces!, unha proposta que pretende recoñecer o traballo realizado pola nosa federación e todos os grupos que a conformaron ao longo da súa historia,investigando, recollendo e poñendo en valor todas aquelas iniciativas, materiais, documentos, recursos de diverso tipo que foron promovidos e creados no noso camiñar. Os autores coordinaron as actividades de presentación deste proxecto, co afán de resumir un sentimento compartido.
CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación
Páx. 12 - 13
O pasado 23 de Marzo, tras un trámite parlamentar inexplicabelmente acelerado, quedaba aprobada, cos únicos votos en contra do BNG e coa abstención do PSOE decidida a última hora, unha nova modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galiza, que entrou en vigor o 21 de abril. Con ela, e coa perda da funcionalidade da Axencia galega para a protección da legalidade urbanística, a equipa do Sr. Feijóo suma un éxito máis na súa política de recuperar rede clientelar a conta dos recursos do país desmantelando para iso todo o bo que tiña iniciado o bipartito, como os avances cara unhas Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), que servisen de base para o desenvolvemento de calquera outra política.
CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación
Páx. 14
Dos 78 concellos costeiros galegos só 4 teñen planeamento urbanístico adaptado á Lei do Solo do 2002, e Barreiros non é un deles. Réxese polas Normas Subsidiarias de 1994, que non establecen distinción entre solo urbano consolidado e non consolidado, favorecendo un modelo de urbanismo que se limita a erguer vivendas en todas as parcelas, sen ter en conta a cualificación do solo nin os servizos dos que está dotado. Este modelo practicouse con intensidade en Barreiros, ante a permisividade da administración autonómica, ata o punto de que só durante o ano 2006 o Colexio de Arquitectos de Lugo chegou a visar proxectos de edificación para máis de 6.500 novas vivendas, cando a poboación de Barreiros rolda os 3.500 habitantes. Agora o alcalde de Barreiros enfróntase á denuncia do Fiscal e a decenas de contenciosos - administrativos interpostos polo anterior goberno e que a actual Xunta estuda retirar, feito que de confirmarse constituiría unha escandalosa arbitrariedade e trato desigual para coa cidadanía e os promotores que cumpriron coa legalidade.