Páx. 40 - 41
Pinturas, vernices, frigoríficos, restos de podas, aceites de motor, colchóns, lámpadas fluorescentes, computadoras son algúns dos residuos domiciliarios que non deben botarse nos colectores de recollida selectiva. Algúns poderían coller por espazo pero non o deberían facer pola súa composición. Aínda que teñan un baixo impacto, ao xuntalos, podemos crear auténticas bombas químicas. Por esta razón débese xestionar separadamente en puntos limpos. Dos tóxicos xa nos ocupamos na CERNA 42, desta volta centrarémonos no crecente lixo electrónico.
Páx. 42
A víbora ten moi mala sona na nosa terra, máis non son frecuentes os seus ataques, e coa actuación debida en ningún caso mortais, nin sequera deixan secuelas se acudimos pronto a un centro médico próximo. Son unha especie protexida, son asustadizas, non agresivas, e respectadas por todas as criaturas, menos algúns casos como o ourizo cacho, que non dubida en comelas se ten ocasión.
Páx. 43
As estrugas son unha planta moi coñecida en Galiza, soe medrar en chans moi nitroxenados, por iso é frecuente preto de cortes. Esta herbácea ten numerosas propiedades medicinais como eliminar toxinas, aumentar os niveis de ferro ou para previr a calvicie ou a caspa, ademais do seu valor culinario, pero os picores que provoca ao rozamento fixéronlle coller mala fama entre as persoas locais e así considerala unha mala herba esquecendo as súas posibilidades.
Páx. 45
Aquí temos unha historia que se desenvolve na cidade de Peniche que foi cárcere durante a época salazarista, no relato denunciase a contaminación que fai unha fábrica de peixe destruíndo a fermosura do lugar.
CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade
Páx. 11
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando “Recursos Cerna”. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade
Páx. 12 - 13
Nun ambiente “familiar”, tranquilo e afábel, ADEGA celebrou a súa XXXIII Asemblea Xeral no que tocaba renovar Directiva, facer un repaso das eivas organizativas da asociación, establecer as liñas prioritarias de actuación para a vindeira xeira e avaliar o traballo desenvolto no último ano polas distintas vogalías e ámbitos de actuación. Foi a fin de semana do 29 e o 30 de novembro nas instalacións do equipamento ambiental Alvarella, en Pontedeume (Ferrol).