Páx. 18 - 20
O pasado 4 de novembro grupos ecoloxistas, colectivos sociais, culturais e políticos reclamamos en Corrubedo a retirada do novo Plano Acuícola da Xunta por considerar que constitúe unha agresión contra os nosos recursos naturais en forma de expropiación salvaxe do litoral para beneficiar unicamente ás grandes empresas transnacionais do peixe. Este é o movemento de protesta cidadá máis importante dende Nunca Máis. Abrangue moi diversos colectivos e plataformas veciñais de toda a costa galega, apoiados e asesorados por ADEGA e outras organizacións ecoloxistas que ofrecemos soporte técnico e organizativo.
Páx. 21
O pasado 10 de outubro na Illa de A Toxa, no marco do X Foro de Recursos Mariños e Acuicultura, organizado pola Uiversidade de Santiago de Compostela. Neste Foro, o investigador Alberte de Coo, do Centro de Investigacións Mariñas de Vilaxoán, e Carlos Gabín, do Servizo de Produción Pesqueira da Consellaría de Pesca, fixeron un repaso dos últimos dez anos do marisqueo e da pesca de baixura en Galiza. Ambos os dous sectores seguiron traxectorias moi semellantes.
Páx. 22 - 23
“O voluntariado en defensa do monte é un proxecto de toda a sociedade galega”, proporciona un bo titular para a entrevista con Rubén Cela Díaz, Director Xeral de Xuventude e Solidariedade. O voluntariado en xeral, e tamén o ambiental, constitúen un campo novo no goberno, de aí que tanto o Plan Galego de Voluntariado 2006-2010 como a Lei Galega de Acción Voluntaria serán os encargadas de xestionar as liñas de actuación do voluntariado no territorio galego. O que se pretende é fomentar a colaboración en todos os ámbitos e sobre todo no medio ambiente e a través da mocidade como impulsora. Nesta entrevista Rubén Cela dará as claves destes programas.
Páx. 24 - 25
Hoxe semella máis necesario que nunca impulsar esa transición enerxética (revolución enerxética chámanlle en Cuba) con novas políticas que incidan nos sectores lexislativo, científico, educativo, empresarial; que faciliten os cambios profundos que precisa un novo paradigma de xestión dos recursos enerxéticos. No presente traballo,centrámonos xustamente nas posibilidades e dificultades que enfronta a enerxía solar para o seu desenvolvemento na nosa Comunidade e no conxunto do Estado.
Páx. 26 - 28
Cando oímos falar de “contaminación” pensamos, de inmediato, en ríos e praias con refugallos das cidades e das industrias, en vertedoiros e entullos nos campos ou na radioactividade, pero case nunca pensamos nun tipo de contaminación que, aínda que non afecta nin a pureza do ar ou da auga, nin á vexetación, pode repercutir no equilibrio psíquico das persoas e na diminución da súa calidade de vida. Referímonos ao “ruído”, unha contaminación de tipo físico que está provocando enormes problemas na sociedade actual, tanto na industria como na vida cotiá, afectando á perfecta comunicación e ao rendemento no traballo a nivel persoal e colectivo. En determinadas situacións afecta tamén á vida salvaxe.
Páx. 42 - 45
Os insectos e os artrópodos (arañas, crustácesos...) son dos grupos faunísticos máis extensos, polo que o seu estudo é imprescindible. A cantidade de insectos e artrópodos existentes fai que a súa catalogación e conservación sexa complicada, e que cada día se descubran novos tipos sen catalogar. Tan só en Galiza estímase coñecer menos do 10% dos insectos que a poboan. Todo este traballo recae na entomoloxía, e lamentablemente, os medios dos que se dispoñen son moi escasos, o que favorece aínda máis ao descoñecementos destas especies.