CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 49 – 50
ADEGA amosou a súa posición con respecto á problemática do lume, en boca da súa presidenta Adela Figueroa, nas Xornadas de Debate que organizou sobre os Incendios Forestais. Os argumentos que esgrimiu a asociación ambientalista nestas xornadas foron os mesmos que trasladou ao Parlamento de Galiza o pasado 6 de outubro, onde compareceu como axente social e como parte do sector ecoloxista galego na Comisión de Estudo sobre as causas e consecuencias dos incendios forestais, aberta a debate tras a crise incendiaria do pasado verán. ADEGA afondou na necesidade de políticas de prevención, nas que se determine un mapa de riscos e se implique o total da sociedade galega.
CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 52 - 53
A Gnoma Augadiña chega ao bosque animado, para sorpresa de todos, metida nunha pinga de auga. Canta alegremente río abaixo enriba dunha folla de carballo ata que o río seca. O dragón lumeirón está facendo das súas: chegaron os lumes.
CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 54 – 55
Cando se fala de ecoloxía na vida cotiá pensamos en como mellorar ou ambientalizar o noso fogar. Porén, a ecoloxía no día a día podemos levala máis alá da nosa casa, xa que pasamos unha boa parte do día fora. Estamos máis de 1.700 horas anuais no noso lugar de traballo, polo que ben merece que lle dediquemos un capítulo desta sección de Cerna. Comezamos pola oficina.
CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 56 – 57
Os ríos e fervenzas, doídos polo trato do ser humano, marchan para vivir agochados no Pedregal de Irimia. Os árbores, moi afectados polo sucedido xa que viven namorados dos ríos, deciden enviar ao Carballo con Botas á procura dos ríos e fervenzas e convencelos de que volvan, na súa procura atopará a unha Xacia que tentará axudalo.O despertar da auga é un conto educativo escrito por Anxo Moure no que se fala da importancia da auga para a vida, e do maltrato que sofren os ríos por parte dos humanos.
CERNA Nº 54 - Viaxe ao Bidueiral de Montederramo
Páx. 39
Neste artigo dáse a coñecer o novo mecanismo de funcionamento do GDR ou grupos de desenvolvemento rural (antigo Grupo de Acción Local). O GDR a través do programa europeo LEADER, busca a descentralización das políticas de desenvolvemento rural, e a participación social. Para iso AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) propón unha nova configuración dos GDR con unha menor participación institucional e unha maior presencia de asociacións ligadas ó ámbito rural.
CERNA Nº 54 - Viaxe ao Bidueiral de Montederramo
Páx. 41 - 42
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA, vén de botar a andar un proxecto de educación e recuperación do patrimonio ambiental co nome de Aldea Verde. A iniciativa pretende crear un Centro de Educación Ambiental e de Patrimonio Cultural, constituíndo un espazo de achegamento ao mundo rural e as súas particularidades, atendendo á súa diversidade, tomando o Alto Ulloa como exemplo de rural e das súas posibilidades de futuro.