CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 12 - 13
O pasado 30 de setembro e coincidindo co período de exposición pública do Plano de Xestión do Lobo en Galiza, Adega reuniu a ecoloxistas e estudosos galegos sobre o lobo no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), nas instalación do CEIDA, para discutir os contidos do devandito Plano impulsado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente.
CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 12 – 13
Intervención do escritor Suso de Toro na inauguración das xornadas sobre os Incendios en Galiza, organizados por ADEGA o 20 e 21 de outubro de 2006, en Santiago de Compostela. Na súa intervención fala sobre a evolución do rural en Galiza, na que se pasou de posuír cada recuncho da xeografía a abandonalo case por completo, analizou tamén algunhas das consecuencias que isto trouxo para o monte galego.
CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 14 – 15
Pois, si, decidín aboiar. Levaba un tempo eu mergullada nas augas poderosas do Atlántico. Deixeime levar pola Corrente do Golfo e andei á deriva das mareas contemplando, horrorizada, a morte de ducias de baleas en Nova Zelanda, a desaparición de bancos pesqueiros na Terranova, o desxeo e consecuente morte de osos polares, a práctica desaparición do polbo e do ourizo nas rías, os sentinazos en alta mar e mais lembrando a ameaza do cemiterio nuclear na foxa atlántica. No fondo do mar, cada vez hai máis cascallos e menos vida, talvez por iso, non logro abandonar dende hai tempo a idea do ecocidio. Pero, xa saben, ao aboiar e deixar atrás a densidade maxestosa da auga salgada, a ollada da ribeira non resulta moito máis optimista.
CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 16 -17
Neste artigo, Adela Figueroa, fai un resumo dos problemas ambientais que se foron sucedendo no 2006 en Galiza. Da conta das vitorias logradas durante este ano, como a aprobación da primeira Iniciativa Lexislativa Popular en defensa dos ríos galegos, así como das loitas que seguen abertas pola defensa do medio ambiente en Galiza, como as canteiras ilegais. Tamén pon en valor o labor do voluntariado para a defensa do monte galego e a apertura do novo goberno cara ós temas medio ambientais.
CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 18 – 19
Celestino Quintela Sabarís é coordinador xeral da FEG. Neste artigo, Celestino fai unha reflexión sobre a situación ambiental de Galiza co cambio de goberno. Apunta a que este cambio trouxo consigo unha maior permeabilidade cara as demandas sociais e un maior compromiso co medio ambiente por parte do goberno, pero aínda así queda moito traballo e moita planificación por facer para acadar a sustentabilidade ecolóxica que se pretende desde ADEGA e a FEG.
CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 20 – 24
Con motivo da publicación do número 50 de CERNA, mais tamén co obxectivo de pulsar unha opinión diversa sobre a situación ambiental nun momento en que a problemática se agudiza, e a pouco máis dun ano do cambio de goberno na máxima instancia administrativa e política galega, recadamos a testemuña de dez expertos e expertas pertencentes aos máis diversos eidos de actividade social, mais todos eles preocupados e implicados na problemática ambiental e lectores ou colaboradores desta revista. Velaquí o panel: Uxía Senlle, artista, portavoz de Nunca Máis. Paloma Fernández, concelleira en Caldas de Reis, membro da Coordi-nadora antiencoro de Caldas, Cuntis e Moraña. Marta Álvarez Santullano, concelleira en Santiago de Compostela. Manuel Antonio Fernández, profesor de ensino medio, experto en educación ambiental. Carlos Vales, director do CEIDA,experto en educación ambiental. Francisco Díaz Fierros, catedrático de edafoloxía (USC). María García, experta en xestión ambiental, ecoloxista. Xesús Pena Espiña, Xerente de Alvarella Ecoturismo SL. Anxo Moure, educador ambiental,contacontos, ecoloxista. Manuel Vázquez, conselleiro de medio ambiente da Xunta de Galiza. A todos eles e elas fixémoslle as seguintes preguntas: 1. Como valora a situación medio-ambiental galega? 2) Díganos 2 ou 3 problemas no eido ambiental que máis lle preocupan 3) Qué papel xoga ou deberían de xogar os/as ecoloxistas0? 4) Qué opina da revista CERNA?De seguido van as respostas, en moitos casos necesariamente resumidas.