CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 44-46
“En recoñecemento a todas as persoas e comunidades cristiás: leigas e leigos, cregos, monxas,frades e monxes, que ao longo da nosa historia, honraron á Terra nai, unindo cristianismo e galeguidade.” Este foi o texto da placa inserida nun monólito que foi chantado na Eira de Xoana (Ramil-Agolada), en recoñecemento ás persoas que desde a fe cristiá e as convicións galeguistas contribuíron a construción dunha Galiza mellor e para revivir a súa memoria. Un encontro organizado por ADEGA, a Irmandade Moncho Valcarce e a Asociación Cultural O Galo. A resposta dos numerosos colectivos implicados e a salientábel participación da xente nese encontro o pasado 22 de setembro de 2012 manifesta a realidade e xusteza desta homenaxe.
CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 48
Xosé Salvadores afonda nas cualidades morfolóxicas destes pequenos mamíferos para diferencialos dos roedores, cos que se adoitan confundir. Explica cales son as súas funcións na natureza e a dificultade que están a ter para sobrevivir, debido fundamentalmente aos agrotóxicos e ao rexeitamento das persoas descoñecedoras da súa valía natural.
CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 49
O estramonio leva connosco arredor de 500 anos, foi introducido en Europa aló polo século XVI mediante unhas sementes orixinarias de Turquía. Dise que esta planta é nativa da India e Sudamérica. Adaptouse perfectamente ás nosas condicións polo que se dá ben en toda a xeografía galega desde unha altitude de 1900-2500 m e incluso a nivel do mar, por iso é que está catalogada como especie invasora. Así que neste artigo imos coñecer unha planta que non é galega, pero que si abunda na Galiza. Non obstante, o estramonio non é coñecido polo seu carácter invasor, senón pola súa toxicidade. Neste artigo, afondamos nas súas cualidades.
CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 50
A micoloxía, como ciencia que estuda os cogomelos en todas os seus facetas, non é allea á evolución do coñecemento e ao progreso. É moito o que aínda ignoramos do misterioso mundo dos fungos, pero tamén se fixeron grandes avances nestes últimos anos, polo que calquera persoa que estea interesada neles, a nivel científico ou gastronómico, debería estar ao tanto dos descubrimentos que poden deixar obsoletos libros, sabedorías propias e até arraigados costumes de consumo. Neste sentido, hai alertas, algunhas relativamente recentes, sobre o perigo de inxestión de especies tradicionalmente consideradas inocuas e que non están reflectidas en antigas guías de campo consultadas por numerosos afeccionados, nas que seguen a aparecer como bos comestíbeis.
CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 9
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambienteCerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinteenderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as as nosas recomendacións desta edición.
CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 10-11
A minaría clásica de Galiza, fundamentalmente dedicada á explotación de recursos da sección C non metálicos, isto é, granito ornamental, feldespatos, lousa, cuarzo, caolín, arxila, rochas, etc., segue a ser a que máis concesións de dereitos mineirosten no noso país, arredor de 450, e tamén a que tramita a maioría das solicitudes de investigación ou de concesión de explotación, máis de 300 en curso. Pero nos últimos anos algo ten mudado no sector que se fai evidente á vista de proxectos emerxentes que recuperan o interese polas vellas minas de recursos metálicos, como o volframio ou o estaño, ou de materiais prezados,como o ouro. A minaría en Galiza semella ter iniciado unha nova era na que vai ser prioritaria a explotación das chamadas “materias primas estratéxicas”. Neste artigo dáse conta dos proxectos que oficialmente se están a dispoñer en Galiza na busca de ouro e dos metais estratéxicos.