Páx. 30
O pasado mes de maio, membros da equipa técnica de ADEGA convidados polo grupo Verdes-ALE tivemos a oportunidade de participar na audición que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo celebrou en Bruxelas para avaliar o estado de cumprimento da Directiva de Hábitats. Por parte da Comisión Europea (CE), órgano que supervisa o cumprimento das normas legais europeas, pasouse revista á situación xurídico-administrativa da RN2000 en canto ao seu grao de cumprimento, así como aos procedementos de infracción abertos en relación coa aplicación da Directiva de Hábitats e Aves.
Páx. 44-45
O cuestionamento da necesidade da caza é cada vez maior entre a sociedade actual, que amosa a súa claraoposición ante eventos coma os Campionatos de Caza do Raposo que se celebran cada ano en Galiza. Polacontra, a administración segue a privilexiar e subvencionar o sector cinexético e a limitar o dereito a protestar ea desfrutar dos espazos naturais ao resto da poboación.
Páx. 11-14
Nin tan "verdes" nin tan "sociais". As grandes marcas de moda como Inditex, Primark ou H&M méntennos cando nos din que son sustentables. O colectivo de investigación Carro de Combate en colaboración coa campaña Ropa Limpia presentou neste verán de 2023 un informe1 da autoría da xornalista Brenda Chávez no que deixa ao descuberto os numerosos "lavados de reputación" da industria da moda, a segunda máis contaminante do mundo. Revista Cerna fala con ela para debullar os resultados.
Páx. 26-29
A Rede Natura 2000 é a ferramenta máis importante para a conservación da biodiversidade a nivel europeo. Nacida hai máis de trinta anos a partir das directivas Aves e Hábitats, esta rede coherente de espazos naturais protexidos non está libre de atrancos. A través dunha análise dos principais elementos que dificultan a súa aplicación, no presente artigo estudamos o paradigmático caso da implementación da Rede Natura en Galiza. Finalmente, ofrecemos unha serie de claves que axuden a comprender a complexidade dos conflitos socioecolóxicos que existen arredor da Rede Natura.