CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 42-45
Neste artigo, o autor do “Proxecto de Promoción da Bicicleta en Lugo” explica con que criterios se elaborou esta proposta e a necesidade da promoción nas cidades galegas deste vehículo de transporte. A proposta, presentada no Concello de Lugo, procura a utilización segura da bicicleta como medio de transporte habitual na cidade por parte da poboación xeral, e nonsó dos “ciclistas”. Baséase nunha rede coherente de itinerarios con diferentes graos de separación respecto do tráfico rodado en cada treito, en función da súas características e usuarios potenciais.
CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 46-47
O derradeiro 13 de febreiro publicouse o “Real Decreto 56/2016 polo que se traspón a Directiva 2012/27/UE relativa á eficiencia enerxética, no referente a auditorías enerxéticas, acreditación de provedores de servizos e auditores enerxéticos e promoción da eficiencia da subministración de enerxía”. Este RD busca a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro aplicandoa eficiencia enerxética, para o que establece distintas ferramentas. O presente artigo analiza e valora esta norma, considerando a súa insuficiencia á hora de implantar os procesos de xestión enerxética nas empresas e administración pública estatal.
CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 48-49
Mercar a granel significa que nós escollemos e collemos a cantidade do produto que queremos. Os envases podémolos traer da nosa casa, reutilizando bolsas de papel, botellas, tuppers, etc., ou coller os da tenda. Neste artigo abordaremos as vantaxes de mercar a granel, limitándonos aos produtos non perecedoiros como legumes, fariñas, pastas, arroces, cereais, froitossecos, etc.; aínda que tamén podemos mercar a granel a carne, o peixe, os froitos, a verdura, o queixo, etc. Por non perecedoiros entendemos tamén os produtos de hixiene, cosmética ou limpeza.
CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 50-51
Os contos do tío-vivo de Xosé Salvadores relatan desta volta a singularidade da marta, unha túzara ben fermosa que non escapa de ameazas. No apartado de flora, Marga Miguen explica as virtudes da borraxe, unha planta moi común en Galiza.
CERNA Nº 74 - Seguimento de hérpetos
Páx. 4
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
CERNA Nº 74 - Seguimento de hérpetos
Páx. 5
Crónica da viaxe á India de dúas representantes de ADEGA e da Fundación Eira, de fraternidade coa Casa de Galiza de Santiniketan, fundada polo galego José Paz, pedagogo e seguidor do modelo educativo das Escolas Novas e de Rabindranath Tagore.