Páx. 30-31
Sigo sendo ecoloxista...
CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais
Páx. 5
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais
Páx. 6-9
Logo de 8 anos de silencio, SOGAMA vén de publicar (por imperativo legal, consonte á Lei 1/2016 de Transparencia) a súa memoria de actividade de 2015. Desde 2008, e coincidindo coa chegada de Feijóo ao poder, as cifras de SOGAMA eran segredo de Estado. Tan só datos espallados nos Planos de Residuos e algún outro documento solto permitían a sociedade galega, accionista maioritaria da empresa (51% Xunta; 49% GN Fenosa), albiscar o que estaba a acontecer intramuros do complexo de Cerceda. As cifras que amosa esta memoria de sustentabilidade de 2015 (accesíbel na web da compañía e, por certo, só en español) explican a desgana coa que a Xunta partilla esta información en público. ADEGA debruzou polo miúdo este documento,extraendo as seguintes conclusións.
CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais
Páx. 10-13
O 97% dos residuos que chegan a SOGAMA van a incineración e a vertido directo, limitándose a reciclaxe ao 3%. A nivel galego, a reciclaxe chega a un total do 12%, pola recollida de vidro e papel e a achega do ámbito Nostián (15%) e Barbanza (40%), pero o conxunto do país fica lonxe dos obxectivos europeos do 50%. Máis de 6 millóns de toneladas de residuos acumúlansenos vertedoiros de SOGAMA, incluíndo medio millón de t de cinzas tóxicas. A contaminación volveuse un problema en toda a contorna. Ao tempo, a creación de emprego queda no 10% da que tería lugar nun modelo de xestión ecolóxica, perdéndose uns 3.000 postos de traballo no sector. A cidadanía paga dúas e tres veces a xestión dos mesmos residuos, cun custo que continúa a aumentar. É esta a xestión do lixo que Galiza precisa?