Páx. 32-33
Para iniciar a andaina da sección pareceunos oportuno voltar ao período medieval, unha época de esplendor cultural e de normalidade sociolingüística en Galiza, e deitar atención sobre unha obra de carácter relixioso, as Cantigas de Santa María, atribuída tradicionalmente ao rei castelán Afonso X, "O Sabio".
Páx. 38
Dende estas páxinas ADEGA ríndelle unha homenaxe polo seu labor e entrega entusiasta na Defensa Ecolóxica de Galiza a Francisco Bermejo Martínez e a Fernando González Bernáldez.
Páx. 34
Tras o primeiro fracaso da iniciativa promovida polos estudantes da Universidade de Santiago e o Concello da recollida de papel, novamente reanúdase esta campapaña de recollida de papel usado engadíndose ó proxecto novas facultades.
Páx. 35
Se facemos un breve recorrido polos camiños empredrados de Allariz ou pola zona do Arnado dende o campo histórico de San Isidro ata a ponte románica de Vilanova, sácase a conclusión de que é un sitio agradable para estar. Isto non sería posible sen as necesarias e oportunas medidas tomadas polas persoas da Oficina Municipal de Medio Ambiente, sendo Xoaquín Rodríguez Ambrosio o principal responsable.