Páx. 2-4
Nestes derradeiros 20 anos a situación ecolóxica global do noso planeta non cesa de deteriorarse, non cesa de polarizarse, cun Norte todopoderoso e hiperdepredador da meirande parte dos recursos enerxéticos e materais, e os países sudesenvolvidos xeneradores de materias primas que nin sequer poden disfrutar os seus cidadáns.
Páx. 3-5
A guerra no Golfo é un dos primeiros acontecementos bélicos da nova era que comeza, a da postguerra fría. A invasión de Kuwait por parte do réxime de Saddam Hussein é, sen ningunha dúbida, condenable, aínda deixando claro que os problemas da rexión, non só este, derivan directamente das fronteiras levantadas e mantidas artificialmente, en base aos intereses económicos das compañías petroleirase, conseguintemente, das potencias occidentais.
Páx. 6-9
É posible unha Educación Ambiental verdadeiramente conservacionista dentro do sistema oficial? Que estratexias de implantación e experimentación se deben usar? Vexamos ademáis unha lista cos grandes problemas ecolóxicos do momento.
Páx. 5-9
Desde a súa presentación no mes de marzo, o Plan Forestal ven ocupando unha morea de espacio en todos os medios de comunicación. Varela Díaz ofrécenos a alegación presentada por ADEGA ao Plan Forestal de Galicia facéndonos cuestionar o derradeiro Plan Forestal e os usos que estamos a darlle os nosos montes.
Páx. 10-13
Prada Blanco achéganos unha comparación do Plan Forestal de Galicia co Plan Forestal Andaluz, o cal ten en consideración certas medidas que implican a conservación de arborados non madeirables.