Páx. 17-24
CERNA conta neste artigo con un traballo elaborado por Ramón Varela Díaz, ecoloxista que dedicou varios anos á investigación da choiva ácida na Galiza profundizando neste tema e nas consecuencias que teñen as centrais térmicas no medio.
Páx. 26-27
O itinerario que se describe-realizado a iniciativa de ADEGA -Mancomún en marzo do 93- discorre sobre todo pola marxe esquerda do Cañón do Sil: terras bravas, singulares en clima e en flora, onde a auga é protagonista. Unha natureza excepcional cabo dunha das mostras do patrimonio monumental máis importane de Europa.
Páx. 28-29
Cando se fala de excursionismo e actividades relacionadas coa natureza non podemos esquecer o excursionismo dos Utreyas, sendo o primeiro consello presidido por Alvaro de las Casas.
Páx. 30-31
Este artigo pon de manifesto a presenza da natureza nas cantigas de escarnio e maldicir, menos estudadas que as de amor e amigo, mais teñen unha maior riqueza.
Páx. 32
Un proxecto de repoboación modélico levado a cabo por veciños do Concello de Rairiz da Veiga en colaboración co colevtivo MEL. Traballaron a feito para planar preto de 4 mil árboles e con gran sabiduría rexeitaron o que tanto agora está de moda: piñeiros e eucaliptos.
Páx. 33-34
O noso país estaba e está moi necesitado de conciencias expertas e voces altivas na defensa dun Medio Ambiente cada vez máis agredida. Neste senso a pasada década dos 80 supuxo un incremento das actividades e materias sobre ecoloxía, conservacionismo e educación ambiental en Galicia que reuniu en Santiago, en 1988, a máis de 100 ensinantes galegos interesaos na educación ambiental.