Páx. 21-23
A continuación preséntase o seguinte roteiro que contra de dúas xornadas, unha transcurrirá por la Baixa Limia e a seguinda pola Serra do Xurés.
Páx. 13-28
O presente dossier, adicado ó secto de residuos en xeral, recolle diferentes reflexións desta temática, facendo fincapé na oposición dos cidadáns a instalación de plantas incineradoras. Cerna presenta un traballo de Carlos Pérez centrado na crítica do plan de residuos da Xunta e tamén outro traballo sobre as tendencias de reciclaxe nos EEUU.
Páx. 24-25
O labor desenvolto por Vila nos seus anos de estancia na Galiza, salientan pola amplitude e diversidade. Sobresae no contexto español e galego, a importancia da actividade educativa e de divulgación científica, pero tamén abordou outros temas, participando nas polémicas ideolóxico-científicas, nun importante intento de institucionalización da Bioloxía mariña e en menor medida na investigación morfolóxica.
Páx. 26-28
Entre os chamados precursores da nosa literatura do XIX ocupa un lugar destacado o poeta Francisco Añón...
Páx. 29-30
Litoloxía e tectónica condicionan a configuración da costa galega e, cabo da acción do mar, determinan unha gran variedade de formacións litorais de singular valor paisaxístico: rías, lagoas fluviais, acantilados, illas, ... Nos escasos quilómetros que separan o Cabo de San Adrián de Traba de Laxe atópase unha nutrida representación das formacións máis características da nosa costa.
Páx. 29-32
Ao longo dos días 18 e 19 de xuño, tiveron lugar en Pontevedra unhas Xornadas de recollida selectiva na oroxe e reciclaxe de residuos urbanos, organizadas pola Asociación pola defensa da ría.