Páx. 12-14
O problema do lixo rebasa o ámbito familiar e local, por este motivo, os gobernos comezan a tomar medidas, en Alemaña non foron menos e o longo deste artigo veremos qué fan neste país co lixo.
Páx. 6-8
"Nos anos 70, dáse na Galiza unha situación de profundo descoñecemento do emdio natural galego, e de falta de estudos sobre a nosa realidade. É nesta situación cando se nos caen toda unha serie de proxectos industriais de dubidoso interese económico e un gran impacto ambiental sobre o medio natural, tanto de contaminación como de esquilmación de recursos."
Páx. 16-18
Baixo a denominación toxo coñécese aquelas plantas do xénero botánico Ulex que definen ás formacións vexetais que xunto as xesteiras, queirugais e uceiras, conforman a paisaxe galega por antonomasia.
Páx. 9-10
Os ecosistemas especiais presentes nas nosas rías teñen un novo inimigo, tales como son os recheos, os vertido urbanos sen depuracións e implantacións industrais inadecuadas... e non esquezamos que estos ecosistemas teñen unha compricada rexeneración. O modelo económico da ría de Vigo, debe basearse no fomento da producción da propia riqueza da ría e de transformación dos produtos, mesmo sería unha alternativa a Petrovigo unha empresa encargada da limpeza da ría.
Páx. 19-20
Cómpre establecer unha diferencia básica entre os delitos ambientais e o famoso Delito Ecolóxico que se recolle no artigo 347 bis do Código Penal, pois este último vai somente referido aos vertidos ou emisións na atmósfera, no chao ou nasaugas, que poñan en grave perigo a saude das persoas ou poidan perxudicar as condicións de vida animal e vexetal.
Páx. 11-12
Refráns, cantigas e adiviñas refírense frecuentemente a esta ave que esperta o interese e a curiosidade da xente do campo, debido, fundamentalmente, a tres características: a súa inusual forma de crianza, a de ser unha ave migratorian e, sobretodo, a súa potente, monótona e inconfundible voz.