CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal
Páx. 41-42
Este artigo recolle os resultados dunha enquisa que contestaron 101 persoas que están ou estiveron vinculadas profesionalmente á educación ambiental (EA) en Galicia. O cuestionario buscou facer unha descrición socio-demográfica do campo e captar sinteticamente a situación profesional, ocupacional e social antes da crise (2007) e unha vez xa inmersas nela (2013), dando conta do impacto das políticas de austericidio e recortes.
CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal
Páx. 43-45
O oso pardo en Galicia pasou de ser declarado practicamente desaparecido hai 40 anos a ser hoxe un visitante habitual de moitos montes galegos. Porén, a situación da especie no conxunto da Cordilleira Cantábrica segue sendo de grave risco de extinción. En Galicia segue sen consolidarse un núcleo reprodutor. É necesario renovar o vixente Plano de Recuperación do Oso Pardo na Comunidade, que data de 1992, para abordar e actualizar os retos que a conservación da especie e do seu hábitat necesitan.
CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal
Páx. 46-47
Na sección de fauna e flora de Galiza de CERNA 78 falámosche da raíña dos mares, que nas últimas semanas, visitou asiduamente os mares galegos. E coñeceremos de forma máis detallada as pecualiaridades da árbore do Nadal, o acivro.
CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!
Páx. 4
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!
Páx. 6-9
A rede “Cousa de Raíces” naceu en 2014 co obxectivo de defender o noso bosque através do seu coñecemento e posta envalor. Unha manchea de persoas e colectivos de moi diferentes eidos xuntámonos para devolverlle ao bosque o valor queten, a todos os niveis, ambiental, económico, social, cultural, paisaxístico, etc. Cun discurso en positivo, “Cousa de Raíces”busca amosar as moitas iniciativas que existen no país compatíbeis coa conservación dos nosos bosques. Busca rachar asícoa “omertá”, a lei do silencio, que decretou a industria do eucalipto.
CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!
Páx. 10-13
No último ano e medio, ADEGA mantivo unha constante e frenética actividade de denuncia de plantacións e talas ilegais que nos últimos tempos están a proliferar descontroladamente en todo o país. Destaca a provincia de Lugo con máis casos de irregularidades, potenciados posibelmente polo anuncio da Xunta do polémico “Decreto do eucalipto” que, en teoría, pretende limitar as novas plantacións coa variedade nitens en preto dunha ducia de concellos lucenses. Porén, o único que conseguiu até o momento este decreto foi un efecto rebote ou de protesta que discorre en dirección totalmente contraria ao obxectivo para o cal supostamente está concibido. O resultado das 300 denuncias que ADEGA-Lugo presentou no último ano e medio indica que a Xunta non ten vontade de facer cumprir a lexislación actual de montes e, moito menos, de limitar o eucalipto no territorio galego.