Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

Emapic: cartografía participativa ao servizo da cidadanía

Fco. Alberto Varela García e Daniel Veira Ferrín

CERNA Nº 79 - Leirón Cinsento

Páx. 28-29

Emapic é un proxecto asociado ao Laboratorio CartoLab da Universidade da Coruña que permite xestionar información ou opinión distribuída sobre un mapa, de forma sinxela e inmediata. As súas funcionalidades van máis alá dunha ferramenta en código aberto para a creación de enquisas online, pois é unha aplicación de representación cartográfica de datos xerados en procesos colaborativos de participación cidadá. Calquera tipo de dato facilitado por participantes vía navegadores web ou móbil pode ser rexistrado para ser de utilidade en calquera ámbito de análise, investigación e xestión urbana ou territorial.

Cambio climático: como desenvolvernos sen crecemento económico?

Emilio Fernández Suárez, por Cerna/Redacción

CERNA Nº 79 - Leirón Cinsento

Páx. 30-32

O Cambio Climático é probabelmente o maior problema ao que se enfronta a Humanidade, a nosa especie; porén, unha grande parte da poboación mundial aínda descoñece as súas causas e consecuencias. O pasado 6 de marzo, o Catedrático en Ecoloxía da Universidade de Vigo, Emilio Fernández Suárez acudía ao centro universitario de Riazor da Coruña, convidado pola Oficina de Medio ambiente da Universidade (OMA), coa coloboración da Fundación Alcoa, para explicar de xeito ameno e sinxelo os retos aos que nos enfronta este fenómenode grande complexidade. A continuación, facemos un resumo do seu relatorio, titulado “Cambio Climático: un desafío global e local”.

Catro anos de seguimento do leirón cinsento no Parque Natural O Invernadoiro

Xosé Pardavila, Ramsés Pérez, Adrián Lamosa e Lucía Parente

CERNA Nº 79 - Leirón Cinsento

Páx. 33-35

No ano 2014, ADEGA e Sorex puxeron en marcha un proxecto de seguimento do leirón cinsento (Glis glis) no Parque Natural O Invernadoiro (Ourense) coa finalidade de facer un estudo da especie neste espazo natural. Os resultado do estudo, a día de hoxe, demostran a eficacia da colocación de caixas aniñadoiras.

A custodia do territorio nas Insuas do Miño e os Ollos de Begonte

Martiño Cabana, Roberto Hermida e Óscar Rivas

CERNA Nº 79 - Leirón Cinsento

Páx. 36-39

A Custodia do Territorio móstrase como unha ferramenta eficaz para mellorar o estado de conservación dos espazos naturais de Galicia. Neste artigo, mostramos os traballos realizados nas Insuas do Miño e os Ollos de Begonte, situados no LIC Parga-Ladra-Támoga e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño. A xestión do territorio, a investigación e a divulgación dos valores ambientais da zona son os pilares nos que se finca o proxecto.

De vagalume a vaga de lume e a lingua de ovella

Xosé Salvadores e Marga Miguens

CERNA Nº 79 - Leirón Cinsento

Páx. 40-41

Na sección de fauna de Cerna 79, Xosé Salvadores traslada o seu imaxinario sobre o verán, a chegada das aves e outros animais que son propios da estación. Marga Miguens, desta volta, dedica o apartado de flora galega á lingua de ovella (Plantago lanceolata).

Recursos 78

Ramsés Pérez

CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal

Páx. 4

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal