CERNA Nº 49 - Especial: xestión do lixo
Páx. 41
Benqueridas compañeiras/os: o outro día, paseando por un bosque, topeime cunha maleta tirada no lixo. Recollina e descubrín que se trataba dunah vella máquina de escribir. Limpeina, arranxeina e ela empeñouse en escribirvos unha carta. Velaquí a primeira carta de "Tecliñas", a máquina de escribir salvada de morrer en calquera vertedoiro, en SOGAMA...
CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego
Páx. 4
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego
Páx. 5-7
O pasado 20 de novembro, o Parlamento Galego rexeitou a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a protección e mellora dos hábitats debosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais. É a segunda ILP de carácter forestal quepromove a sociedade galega e que o Parlamento rexeita nos últimos 30 anos. É tamén a ILP máis apoiada da nosa historia, o que coloca apreocupación social polos bosques e o monte galego na primeira liña do debate público. Defendida na Cámara pola presidenta de ADEGA,Virxinia Rodríguez Álvarez, en representación da Comisión Promotora, e pese a conseguir máis de 42.000 sinaturas de apoio, foi tombadapolos 37 votos en contra do PP, contando coa abstención do PSOE e o voto favorábel de En Marea e do BNG.
CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego
Páx. 8-10
O castiñeiro é unha especie fortemente arraigada na paisaxe tradicional e na cultura galega, moi estimada polos labregos, onde foi un elementofundamental no tecido agroforestal galego. Neste medio medrou desafiando a eternidade como auténticos monumentos viventes,conformando a súa esencia como a dunha divindade mitolóxica que pervive na nosa toponimia, na arte e na literatura, e en centos de contos e lendas. Os castiñeiros e os soutos non só producen madeira selecta, leña, vigas, postes para os cerramentos, táboas para os faiados, castañas de diversas formas e sabores,... tamén conectan a paisaxe coa nosa cultura tradicional e a impregnan dunha fragrancia especial, única e máxica. Por iso a súa conservación e fomento deberían ser unha prioridade no desenvolvemento das políticas agroforestais.
CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego
Páx. 11-12
O eucalipto aumentou a súa área nun 700% nos últimos 30 anos, ocupando actualmente o 15% do territorio de Galicia. Os autores/as deste artigo compararon a diversidade de aves e plantas en catro plantacións de eucaliptos e catro carballeiras autóctonas, realizando 64 censos na provincia de Pontevedra en 2016. Os resultados indican que moitas especies de aves e plantas son únicas para as carballeiras nativas e tamén que estas presentan o dobre de especies de plantas e aves que as plantacións de eucalipto. Recomendan que a xestión forestal en Galicia considere o eucalipto no contexto da conservación da biodiversidade.
CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego
Páx. 13-15
A ameixa asiática Corbicula fluminea (Müller, 1774) comezou a súa expansión mundial asociada ás actividades humanas a comezos do século XX. Para guiar estratexias de xestión preventivas, a identificación das vías de entrada e dos vectores de dispersión é un factor clave. En conxunto, variables sociais, económicas, ecolóxicas e de gobernación están relacionadas co número de masas de auga invadidas por C. fluminea en Galicia. Para tratar de frear esta e outras invasións biolóxicas, os gobernos aprobaron unha serie de instrumentos lexislativos; sen embargo, aínda teñen que ser aplicados de xeito eficaz.