CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 40-41
Cuba hoxendía pode amosar ao mundo as súas experiencias en amteria forestal. Atópase entre os 53 países que a nivel mundial teñen un crecemento no sector forestal, xa que o 23´4% do seu territorio está totalmente cuberto de bosques. O estado cubano ten destinado nestes últimos cinco anos uns 320 millóns de pesos para o desenvolvemento forestal, malia o bloqueo que mantén o goberno de EEUU contra Cuba, e proponse un medre do 29´9% da superficie boscosa para o ano 2015.Esto será posíbel porque a illa caribeña conta cun marco legal e institucional para o manexo sostíbel e coidado dos bosques. Cuba leva a cabo non só unha Revolución Socialista, senón tamén unha Revolución Verde. Faremos un repaso histórico da evolución do patrimonio forestal da Illa ata os nosos días.
CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 42
A través dunha pequena fábula sobre un río moribundo e unha pequena barca, Anxo Moure abre debate sobre os males que acometen aos nosos días.
CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 43-45
Ensaísta, historiador, activista cultural, dramaturgo, profesor de instituto, poeta e xornalista, Álvaro Mª Casas Blanco (Ourense), é unha figura a recuperar (mesmo que sexa desde unha perspectiva crítica e non haxiografista) para a historia cultural, literaria e política do país e, mesmo tamén, a reinvindicarnos por aqueles elementos e orientacións ecoloxistas avant la lettre que, como veremos, están presentes na súa praxe cívicoprofesional e no seu pensamento.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 12-13
Unha vez máis o LIC Catedrais vese ameazado por mor dos incumprimentos das xestións necesarias para abordar as áreas recoñecidas dentro da Rede Natura 2000. Así, para os responsables de Medio Ambiente, ocupar 42.000 metros cadrados cun edificio administrativo de dúas plantas e unha batería de piscinas destinadas a engorde de polbo e rodaballo non é un defecto apreciábeñ, aínda que se trate dun LIC costeiro de reducida extensión. Analizamos en profundidade este caso.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 14-17
O conxunto das políticas autonómcias non ten contribuído ate hoxe a frear o proceso de deterioración ambietnal e a aproximar o noso país ao obxectivo do desenvolvemento sustentábel. Os diferentes indicadores dispoñíbeis adoitan ser negativos e tenden a empeorar. Por outra banda, estamos á vivir un proceso de empoderamento e toma de conciencia por parte da poboación galega. Porén a Xunta de Galiza non ten estado á altura das demandas sociais. Analizamos unha serie de propostas na liña de mudar a política ambiental galega.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 18-21
Informes e expertos científicos coinciden en salientar a negativa situación ambiental de Galiza, caracterizada por altos impactos en relación ao resultado económico, históricas eivas e caos na xestión ambiental, ineficiencia... e achacan a responsabilidade fundamental ao poder autonómico da era Fraga. Porén, despois de 16 anos, temos novo goberno na Xunta, novo conselleiro e novo equipo na consellaría de Medio Ambiente. Tamén novos compromisos, mais sobre todo, motias expectativas e esperanzas para achar solución a numerosos problemas ambientais, moitos deles xa vellos e enquistados. Ao frente da Consellaría de Medio Ambiente estréase Manuel Vázquez. Procedente do mundo municipal, como conselleiro comezou a súa relación cos grupos ecoloxistas dunha forma sorprendente, ao tomar a iniciativa para o diálogo. O pasado 21 de Setembro conversamos con el para Cerna.