Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

A análise de ciclo de vida (II)

G. Feijoo Costa e M.T Moreira Vilar

CERNA Nº 35 - -

Páx. 25-26

Nunha primeira parte deste artigo (Cerna nº34) definiuse e avaliouse a metodoloxía da análise de ciclo de vida (ACV). Nesta segunda parte do artigo do artigo ilústrase a súa aplicación nun caso práctico, o dos envases de PVC e PET usados para embotellar auga. Os resultados do, ACV comparativo manifesta claramente que o envase de PVC presenta un maior índice de impacto case en todas as categorías, sendo o índice global un 25% superior ao do PET.

As Encrobas, Xove, Baldaio escenario de mobilizacións

Ramón Muñiz

CERNA Nº 36 - -

Páx. 9-10

Hai 25 anos a oposición política en Galiza tiña a cor verde, nas Encrobas, en Baldaio, en Xove, en Fruime, en Portodemouros,... Con este recordo queremos homenaxear aquelas colectividades que defenderon os seus dereitos a través dunhas loitas que foron realmente ecolóxicas, porque fixéronse contra a ruptura do equilibrio entre o home e a terra.

A recuperación integral da Limia é necesaria e posible

Serafín González e Antonio Villarino

CERNA Nº 36 - -

Páx. 11- 13

A chaira da Limia foi ata hai uns 40 anos un grande complexo húmido constituído pola Lagoa de Antela e diversos asolagamentos temporais, interconectados por cursos fluviais e rodeados por unha paisaxe agrosilvopastoral en mosaico. En anos de condicións hidrolóxicas normais só a lagoa tiña unhas 3.500 - 4.000 Ha en invernía. Nas zonas húmidas existía unha grande variedade de hábitats: augas libres de pouca profundidade (2-5m), augas con vexetación acuática flotante e emerxente, veigas asolagables con herbáceas ou mato ralo,.... A paisaxe agraria era tamén un mosaico de terras cultivadas e pasteiros con sebes arborizadas e arboredas autóctonas espalladas. A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) elaborou unha proposta que pretende a recuperación integral da Limia, a restauración do seu excepcional patrimonio ambiental.

O patrimonio xeolóxico: protección, conservación e xestión I

Fins Eirexas

CERNA Nº 36 - -

Páx. 15- 17

Os conceitos de patromónio xeolóxico, xeodiversidade, xeoconservación e xeorrecursos culturais son homólogos aos de património biolóxico, biodiversidade, biorrecursos culturais e bioconservación. Porén resultan practicamente descoñecidos para o público en xeral e mesmo para as administracións encargadas da sua xestión, até o ponto de que a conservación asocia-se exclusivamente á conservación biolóxica. As políticas de protección e xestión de espazos naturais orientaron-se principalmente cara ao património biolóxico, arqueolóxico e etnográfico. Até o de agora, o património xeolóxico e os xeorrecursos culturais galegos non foron considerados un activo natural e cultural ao mesmo nível que os seus equivalentes biolóxicos, mália á excepcional riqueza xeolóxica de galiza.

Electricidade negra

Xosé Veiras

CERNA Nº 36 - -

Páx. 18-20

Tal vez esquecemos demasiadas veces que están aí. O seu impacto ambiental negativo é enorme, pero en parte é global, polo que pode semellar menor do que realmente é. Son as grandes centrais térmicas de carbón de Meirama (Cerceda) e de As Pontes. Nos últimos 25 anos emitiron á atmósfera millóns de toneladas de gases contaminantes para producir electricidade destinada en grande parte a outras zonas do estado español. Son as responsánbeis de que Galiza teña unhas emisións per cápita de dióxido de carbono (CO2), o principal gas de efecto invernadoiro, moi superiores ás que corresponderían ao seu nivel de producción e consumo.

Río Mero: un canal e dous encoros

Manuel Soto

CERNA Nº 36 - -

Páx. 21

O proxecto de canalización do río Mero (elaborado polo ministerio de medio ambiente coa colaboración da Xunta) supón a deterioración e perda dun elemento de identidade social e cultural dunha grande importancia, como son en xeral os ríos en Galiza e o río Mero en particular para a bisbarra coruñesa. O proxecto vai asociado á construcción dun novo encoro na parte alta do río, o que causaría a artificialización completa desta bacía hidrográfica e a perda da maior parte da súa biodiversidade.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal