Páx. 14
O 27 de Abril de 2000 o Concello de Santiago de Compostela acordou en sesión plenaria sumarse á Carta das Cidades e Vilas Europeas para a Sustentabilidade (Carta de Aalborg), asumindo como propios os criterios de actuación contidos nela e comprometéndose, entre outros obxectivos, a iniciar un proceso de elaboración dunha Axenda 21 Local (A21L). Preveuse, nesta liña, a realización dunha auditoría ambiental que permitise coñecer en profundidade os problemas ambientais do municipio e identificar as vías para a súa resolución, de cara a establecer un plan de acción ambiental; e acordouse asimesmo á creación dun Consello Sectorial de Medio Ambiente que servise de canle de debate, participación e consecución de maior número de sinerxias positivas.
Páx. 15-17
Expóñense os novos conceptos ambientais derivados daquelas normas e directivas europeas que promoven a prevención e a xestión ambiental frente ós tradicionais tratamentos fin de liña como única aproximación. Asimesmo, defínese e avalíase a metodoloxía da análise de ciclo de vida, unha desas novas ferramentas de xestión ambiental. Nunha segunda parte deste artigo, ilustraremos a súa aplicación nun caso práctico, o dos envases PVC e PET.
Páx. 18-20
O pasado 25 de Xuño do 2001, Iñaki García Koch, membro do colectivo Solidari@s con Itoiz foi identificado e detido nun control rutinario da Garda Civil en León. Pesaba sobre el e sete membros máis de Solidari@s con Itoiz unha orde de busca e captura dictada pola Audiencia Provincial de Pamplona. Esta é a crónica dunha detención, de 16 anos de loita contra este encoro e, sobre todo, do do movimento de desobediencia civil Solidari@s con Itoiz que, a través de accións públicas e non violentas, buscan a defensa da súa terra, a comarca de Iriati (Nafarroa). "A verdade é subversiva, por isto hai que encarcerala e acalala".
Páx. 21-27
A contaminación electromagnética xorde nos países industrializados como consecuéncia do uso cada vez maior de aparellos e instalacións rádio-eléctricas. A proliferación incontrolada destes elementos, própios da sociedade do consumo e da información, fai que estexamos baixo a constante influéncia de campos eléctricos e radiacións electro-magnéticas, que contribúen á deterioración da nosa cualidade de vida.
Páx. 28
Artigo do Dossier que recolle unha mirada crítica sobre como afectan os campos electromagnéticos a saúde e os comezos de aplicarse unha normativa de protección sanitaria fronte as emisións electromagnéticas.
Páx. 29-32
As aves son chamativas e o seu estudio e a observación é relativamente fácil. Son unha magnífica porta de entrada á natureza, o que equivale a dicir, en certo modo, que son uns excelentes indicadores ambientais: permítennos detectar cambios ambientais e avalialos de xeito sinxelo, rápido e eficaz. Existen miles de exemplos ó respecto, un moi coñecido é a sensibilidade dos falcóns peregríns (Falco peregrinus) a determinados pesticidas. De aí que o coñecemento do estado das poboacións das aves teña unha trascendencia que supera con moito o mero interese por preservar unha serie de especies. Moitas especies de aves nidificantes na nosa terra áchanse nunha situación delicada e algunhas mesmo poderían extinguirse a curto prazo.