Inicio / Números anteriores / A traxectoria de ADEGA contada en 270 páxinas e 25 artigos
CERNA Nº 95 - O océano, chave para frear o cambio climático
Páx. 9
ADEGA presentou o pasado 22 de abril de 2026, Día Mundial da Terra, o libro conmemorativo do seu medio século de historia, titulado ADEGA: 50 anos coidando a Terra. Este libro repasa a traxectoria de ADEGA, as principais problemáticas ambientais ao longo destes 50 anos, e as numerosas loitas que se libraron, moitas contadas por vitorias e outras perdidas. Trátase dunha edición non venal, da cal se imprimiron 700 exemplares, e que ADEGA tamén porá a disposición do público xeral en formato dixital.