Inicio / Que é
RADIO CERNA é a única produción radiofónica de Galiza especializada en medio ambiente e ecoloxismo. Trátase dun proxecto pioneiro no país que, a través do soporte sonoro, aborda a cuestión ambiental e cultural desde unha óptica local.
Nace en 2005 da man de ADEGA cos seguintes propósitos:
RADIO CERNA é un espazo radiofónico de 10 minutos diarios que actualmente se emite os venres na maior parte das emisoras locais e municipais de Galiza. De feito, grazas á colaboración non lucrativa destas emisoras, desde 2005, RADIO CERNA difundiuse en máis de 30 frecuencias moduladas de toda Galiza. Este formato e frecuencia de emisión permiten que as radios locais poidan inserir o espazo CERNA na súa programación no horario que máis lles conveña. Consulta cales son as emisoras colaboradoras e os horarios de emisión no apartado desta web ONDE ESCOITALA.
E, por suposto, tamén podes escoitar RADIO CERNA a través desta páxina web, descargando o audio ou por streaming, e noutros soportes da rede como Facebook ou no audiokiosco ivoox.com.
Polo xeral, todos os venres, RADIO CERNA ofrece un Boletín informativo ambiental que fai o repaso da novas ambientais máis destacadas da última semana. Ademais, atoparás neste portal centos de programas que versan sobre cuestións que teñan que ver coa realidade ambiental galega, cada programa versa sobre unha ou a varias destas temáticas aplicadas ao ámbito territorial de Galiza: conservación e biodiversidade, contaminación e residuos, enerxía e cambio climático, medio rural e montes, territorio e urbanismo, educación ambiental, auga e ríos, litoral ou cultura, patrimonio e lingua.
RADIO CERNA contou ademais co inestimábel traballo desinteresado de persoas colaboradoras que elaboraron para o programa seccións fixas sobre flora e fauna de Galiza, lexislación ambiental, terminoloxía en galego, consellos útiles para a vida cotiá, patrimonio cultural ou o espazo das mil músicas, entre outros.
Lembra que no buscador de RADIO CERNA poderás seleccionar por categorías temáticas o programa que máis che interesa escoitar.
Desde a súa posta en marcha, RADIO CERNA foi financiada pola organización ADEGA xunto coas axudas económicas de varios organismos institucionais relacionados coa promoción cultural ou co eido ambiental de Galiza (Consellaría de Cultura, Política Lingüística, INEGA, Deputación da Coruña, Deputación de Lugo). Actualmente, o proxecto está a ser patrocinado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña.
RADIO CERNA quere expresar o seu agradecemento especial a todas aquelas emisoras que colaboraron co proxecto desde a súa posta en marcha, ademais de facer un recoñecemento expreso ás persoas que desde o ano 2005 contribuíron á edición de contidos para RADIO CERNA a través das seccións fixas: